A última xuntanza, 4 e 5 de xuño, dos Clubs de Lectura deste curso centrouse en dúas obras de banda deseñada en galego: "Nerea. A invasión dos trastos" e "Idol!".
As lecturas proporcionaron unha
oportunidade para explorar temas importantes e actuais que fomentaron as
conversas entre o alumnado de 5º e 6º curso.
Nesta nova aventura de Nerea, o
alumnado de 5º explorou cuestións emocionais profundas, como a relación
interxeracional entre o avó e a súa neta. Esta dinámica familiar ofreceu un
espazo para reflexionar sobre a importancia das conexións persoais e o valor do
apoio familiar.
Outro tema central foi o exceso no uso das tecnoloxías e o abuso das
pantallas. Foi unha oportunidade para reflexionar sobre os seus propios hábitos
dixitais e a necesidade dun uso equilibrado da tecnoloxía.
Para o alumnado de 6º, a lectura de “Idol!” centrouse na vida de dúas
amigas e as súas dispares relacións familiares.
Ademais, a historia introduce ao lector no mundo do K-pop coreano, un
fenómeno cultural a nivel mundial.
A estrutura gráfica da obra,
inspirada no estilo do manga xaponés, tamén ofreceu unha experiencia visual única,
enriquecendo a comprensión e o disfrute da historia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario