Ao longo das últimas semanas, o alumnado de 5º de Primaria estivo inmerso nun proxecto de investigación arredor do mundo do circo, no que combinaron aprendizaxe, creatividade e expresión oral.
Nesta ocasión, cada neno e nena investigou sobre un
aspecto concreto: os tipos de circo, as profesións, a vida no circo ou o circo
como arte.
A partir da información recompilada, prepararon as
súas intervencións para compartilas na aula, así as exposicións orais
convertíronse nun momento clave da
actividade, no que o alumnado puido poñer en práctica as súas habilidades
comunicativas, expresar as súas ideas e aprender tamén das achegas dos
compañeiros e compañeiras.
O conxunto destas exposicións deron lugar á
creación dun libro viaxeiro informativo sobre o mundo do circo.


No hay comentarios:
Publicar un comentario