O Día do Cómic e do Tebeo é unha celebración que pretende recoñecer o valor do cómic e do tebeo, o peso da súa historia e a súa importancia no contexto actual, a súa diversidade, creatividade e calidade.
A autora do cartel deste ano é a
ilustradora Candela Sierra, Premio Nacional do Cómic 2025.
O Grupo de Traballo "Comictecas" do Consello de Cooperación Bibliotecaria, do que forman parte as bibliotecas escolares de Galicia, presentou o ano pasado unha publicación para celebrar esta data: "Cómic. 50 recomendacións para bibliotecas".
FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES

No hay comentarios:
Publicar un comentario