15 oct 2026

XORNADA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2026

O sábado 17 de outubro asistiremos a Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2026.

Daranse cita equipos de biblioteca, docentes, asesores/as dos centros de formación do profesorado e persoas expertas na temática do lema deste curso "Biblioteca escolar, da información ao coñecemento". 

Unha xuntanza que falará do uso crítico da IA, de como traballar coa información a calquera idade, de como informarse para falar, crear coñecemento, escribir e crear; a alfabetización informacional, o traballo por proxectos e o traballo coa información en contextos diversos. Tamén terán lugar dúas mesas sobre como divulgar entre viñetas e os retos e posibilidades dos libros de non ficción.

Será, novamente, unha ocasión para o encontro entre o profesorado deste amplo colectivo de docentes que poñen en pé as bibliotecas escolares galegas, o reforzo de vínculos persoais e profesionais e, con toda seguridade, o comezo de novas colaboracións para o presente curso.

PROGRAMA

FONTE: BILIOTECAS ESCOLARES

No hay comentarios:

Publicar un comentario