O martes 6 de outubro celebrouse a primeira xuntanza do Club de Lectura de 5º. Nesta sesión inicial explicamos como vai funcionar o club, lemos as normas e entregamos a cada participante a súa carpeta co primeiro libro que imos ler.
E que mellor maneira de comezar
esta aventura literaria que cunha historia chea de misterio? Co Samaín á volta
da esquina, a obra escollida para inaugurar o noso club é “Formigas. Misión Samaín”, de Pere Tobaruela, un libro
que nos achega a unha das celebracións máis misteriosas do outono.
Nesta historia, as Formig4s son protagonistas dunha misión especial relacionada co Samaín. A
través das súas aventuras, mergullámonos nunha trama chea de sorpresas,
descubriremos os misterios que agocha o relato e acompañaremos os personaxes
nos retos e nas situacións que teñen que afrontar.
Nas vindeiras reunións,
compartiremos as nosas impresións sobre a historia, comentaremos os momentos que máis nos gustaron e
falaremos dos personaxes, das súas aventuras e de todo aquilo que nos faga
pensar, imaxinar e soñar.
Queremos fomentar o gusto pola
lectura e descubrir que os libros son portas abertas a mundos sorprendentes, a vivir novas
experiencias e a espertar a nosa imaxinación.
A aventura xa comezou! Agora só queda abrir o
libro e... deixarse levar!!!
.png)

No hay comentarios:
Publicar un comentario