Celebramos o Mes das Letras Galegas cunha programación chea de música, cor e palabras. As actividades foron organizadas polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega, Biblioteca e Música, que uniron esforzos para homenaxear a autora escollida este ano: Begoña Caamaño.
Durante o mes, o alumnado participou en
diferentes propostas creativas. Pintouse a bandeira galega,
realizáronse investigacións sobre a vida e obra de Begoña Caamaño, elaboráronse debuxos
inspirados nos seus libros, programas de radio…
Un dos momentos máis especiais foi a visita da
cantante Uxía Senlle, coa que o alumnado tivo a oportunidade de
cantar “Begoñísima”, unha peza que encheu o centro de emoción e orgullo
pola lingua e pola cultura galega.
Como colofón, todas as aulas participaron na
creación dun mural colectivo inspirado no libro "Begoñísima",
de Andrea Nunes, da editorial Cuarto de Inverno. Cada grupo elaborou diferentes
elementos da obra, que se uniron nun gran traballo común. O resultado foi unha
composición chea de simbolismo, creatividade e espírito de comunidade.
O Mes das Letras Galegas foi unha celebración compartida, un espazo para descubrir, cantar e crear en galego, mantendo viva a palabra e o legado de Begoña Caamaño.








No hay comentarios:
Publicar un comentario