O venres 24 de abril recibimos a visita de Iago López, que compartiu co alumnado de 1º de Primaria unha fermosa animación á lectura arredor do seu libro “A pequena osa quere xogar”.
Durante a sesión, as nenas e nenos participaron de maneira activa, riron, desfrutaron e pasárono en grande mentres descubrían a historia desta pequena osa tan especial.
A protagonista do conto enfróntase aos prexuicios do bosque para demostrar que o xénero non determina nin as nosas habilidades nin os nosos gustos. Un relato cheo de sensibilidade que nos convida a ser valentes, auténticos e a seguir os nosos desexos.
Unha mañá chea de emocións, aprendizaxes e moita ilusión pola lectura. Grazas, Iago, pola túa visita e por inspirar ao noso alumnado!

.png)
.png)
No hay comentarios:
Publicar un comentario