A clase de 5ºA estivo traballando con moita ilusión para preparar un novo programa da nosa Radio do Seis. Nesta ocasión, o tema non podía ser outro que o Día do Circo, enmarcado no PDI deste curso.
Os micrófonos convértense en trapecios, as palabras fan malabares e as voces danzan coma auténticos artistas baixo a gran carpa da imaxinación.
Un programa con información e música sobre o mundo do circo. Unha nova aventura radiofónica que enche de cor e alegría os micrófonos do Seis. Desfrutádeo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario