A biblioteca encheuse de vida e alegría na tarde do mércores 22 cos xogos de mesa. As familias reuníronse para mergullarse no mundo da maxia dos xogos.
Dende o momento en que se abriron as primeiras
caixas de xogos, o aire encheuse de risas. Cada xogo converteuse nunha
oportunidade para o diálogo, para aprender uns dos outros e para fortalecer os
lazos familiares.
A través dos xogos transmitimos
valores importantes aos nosos fillos/fillas: o respecto polas regras, a tolerancia á frustración, a importancia do traballo en equipo e a satisfacción de acadar obxectivos.
As emocións estiveron presentes en cada momento
da tarde. Eses momentos de intensidade emocional son os que fan que unha tarde
de xogos sexa memorable e que os nenos/nenas (e os adultos) queiran repetir a
experiencia.
Queremos expresar o noso agradecemento a todas as
familias que participaron nesta marabillosa tarde de xogos na biblioteca!!!




No hay comentarios:
Publicar un comentario