O luns 1 de outubro a Biblioteca abriu as portas da súa gran carpa!!! Ábrese o pano e comeza a función!!!
Todas as clases recibiron a
invitación de Broli, a nosa mascota, que nos convida a visitala.
Na biblioteca agardávanos
unha sorpresa que daba inicio ao PDI deste curso: unha carta e unha caixa que contiña
diferentes elementos do circo para xogar, rir e compartir moitas aventuras
circenses.
Poidemos ver a exposición de novidades, realizar os primeiros préstamos e desfrutar dos novos materiais.
A biblioteca convértese nun gran circo das palabras e das historias!!
Nos seus andeis agárdanvos
milleiros de viaxes sorprendentes, aventuras cheas de acrobacias, retos de
equilibrista e investigación dignas dos/das mellores ilusionistas.
Cada libro é un número distinto: uns fan rir, outros fan soñar, e algúns deixan coa boca aberta coma un gran espectáculo. Entre as súas páxinas saltan acróbatas de palabras, malabaristas de ideas e domadores de emocións. Un circo onde nós, os lectores e lectoras, somos o público entregado, disposto a deixarse sorprender e emocionar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario