O martes 21 de outubro, o colexio vestiuse de outono e tradición para celebrar "A vendima" que nos conecta coa terra e co traballo das nosas mans. Os máis pequenos/as, os grupos de infantil, e os seus padriños e madriñas de primaria, uníronse nunha actividade chea de sensibilidade e aprendizaxe.
Antes de sentir o doce zume das uvas baixo os
seus pés, os nenos e nenas exploraron o mundo da vendima nas aulas. En quendas,
mergullámonos nunha experiencia sensorial e manipulativa.
A profe Puri, guiounos a través da tradición, os materiais e o proceso de elaboración do viño.
Coas tesoiras
nas mans e o corazón cheo de ilusión, os pequenos/as vendimadores/as cortaron os acios da parra.
Despois, pisaron as uvas, sentindo a explosión de sabores e aromas que enchían
o aire de ledicia.
Esta actividade foi unha homenaxe ás nosas raíces, unha forma de manter viva a nosa cultura e de transmitir aos máis novos o valor do traballo, da natureza e da comunidade.




No hay comentarios:
Publicar un comentario