Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administración autonómicas.
A Dirección Xeral do Libro, o
Cómic e a Lectura, a través da Subdirección Xeral de Coordinación
Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24
de outubro de 2025.
O lema
deste ano, “Contra a desinformación: bibliotecas”, pretende destacar o
papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas,
escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais) na loita
contra a desinformación.
As
bibliotecas combaten a desinformación non só a través dos seus recursos, como
as coleccións de libros e prensa ou as bases de datos, senón tamén a través dun
uso adecuado das novas tecnoloxías. E, por encima de todo, as bibliotecas son
un dique de contención contra a desinformación grazas ao seu persoal
bibliotecario, que traballa como curador de contidos e apoio aos usuarios na
procura de información a través de fontes fiables e contrastadas.
As
bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha
ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e
apoio, lugares que contribúen á formación dunha cidadanía crítica, activa e
comprometida. O seu traballo de deseño e planificación de actividades e
servizos desenvólvese cunha perspectiva de Axenda 2030 poñendo o foco en que
ninguén das nosas comunidades educativas debe quedar atrás.
A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que pon en contacto con ese outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS.
FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES

No hay comentarios:
Publicar un comentario