Durante este mes de xuño, os xogos de mesa son os protagonistas na Bibliolab, proporcionando unha experiencia educativa única e divertida.
Ao longo de todo o curso, estes xogos, organizados en carros por ciclos, visitaron as aulas, ofrecendo a oportunidade de desenvolver unha ampla gama de habilidades (cognitivas, sociais e emocionais).
Os xogos son unha valiosa
ferramenta para a aprendizaxe que potencian a concentración, memoria,
resolución de problemas, toma de decisión, socialización, traballo en equipo e
respecto polas normas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario