Hoxe, 2 de febreiro celebramos o Día da Candeloria. Medio inverno vai fóra e os paxariños namoran.
“A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa”, di o refrán para lembrarnos que no mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración especial, casan os paxariños, emparéllanse para facer os seus niños e comenza o retorno das aves migratorias que preludian o renacer primaveral.
Nun recanto da
biblioteca poderás atopar libros sorpresa, anónimos, envoltos en papel de
periódico e con corazóns de distintas cores, que indican a idade á que están
dirixidos. Non teñen nin título, nin autor/a, nin ningún dato que indique o seu
contido...
Que teño que
facer?
-Pasar pola biblioteca nos recreos do 3
ao 7 de febreiro e coller o libro que vos guste.
-Fíxarse na cor dos corazóns e escoller os
libros que vos correspondan por idade.
-Rexistralos como préstamo.
-Devolvelos no seu prazo (15 días).
E... deixádevos seducir e descubriredes historias que vos namorarán!!! 💓💓💓
No hay comentarios:
Publicar un comentario