O mércores 12 de febreiro, tivemos a sorte de ter na escola a Tango, o zoqueiro de Mondariz.
Xa dende
cativo saía da escola para ir traballar á zapatería do seu pai e facer tamancas. Tamancas que a día de hoxe continua deseñando
con mimo e dedicación.
Toda unha vida adicada ao mundo da artesanía que compartiu con nós falándonos dos materiais que emprega, cortando un patrón en directo, afiando coa pedra herdada do seu pai e contándonos unha morea de historias das tamancas que foi creando. Moitas grazas Tango!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario