Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas 2021. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas 2021. Mostrar todas las entradas

30 may 2021

ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS

Realizamos diferentes actividades coas que difundir a figura de Xela Arias, homenaxeada polas Letras Galegas.

Fixemos retratos, murais, lectura e recitado dos seus poemas, actividades en liña,.... que nos permitiron achegarnos a súa vida e obra.

Exposición de libros sobre a autora.

Ilustramos os seus versos.

Seguindo a proposta do IES Alexandre Bóveda, ao que estamos adscritos, "A poesía de Xela Arias nas rúas da súa cidade", visibilizáronse os versos e poemas que ilustramos no peche exterior do centro.

14 may 2021

POLO CORREO DO VENTO

Onte, recibimos a visita de Polo Correo do Vento, que protagonizou unha actividade de contacontos ilustrado dedicado a Xela Arias, homenaxeada polo Día das Letras Galegas.

A narración oral estivo acompañada de música e de lingua de signos, así como un obradoiro no que foron debuxando a caricatura da poeta e dando pinceladas para que o alumnado fixera as súas propias.

Asinaron no libro “Xela Arias. Liberdade, solidariedade e amor pola lingua”, da colección Mulleres Galegas, Lela Edicións, con ilustracións de Tania Solla, e que xa temos na nosa biblioteca.

Desfrutamos e aprendemos moito sobre Xela e sobre a nosa lingua!!! As ilustracións quedaron de agasallo para o centro.

Grazas por esta fermosa xornada!!! 

O noso agradecemento a Anpa que fixo posible esta actividade!!!

6 may 2021

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

O Día das Letras Galegas 2021 está adicado a XELA ARIAS (1962-2003).

«Que nunca, nunca xamais, me diga alguén que non entende de poesía. A poesía non se entende, síntese ou non se sinte, faise ou non se fai»

Real Academia Galega
(Preme na imaxe)

Foi poeta, tradutora e editora, desenvolveu o seu traballo profesional en Edicións Xerais entre 1980 e 1990.

Tras licenciarse en Filoloxía, exerceu como profesora de ensino secundario ata o seu falecemento.

Como poeta publicou os libros Denuncia do equilibrio (1986), Tigres como cabalos (1990), Intempériome (2003) e Darío a diario(1996), dedicado ao seu fillo.

Foi tradutora ao galego de obras en portugués, italiano, inglés, castelán, francés... como Contos ao Teléfono, de Rodari; As bruxas, de Roald Dalh; O Gato Gaiado..., de Jorge Amado...

Estos son os libros que se mercaron para achegarnos a súa vida e obra.

Xela Arias, Editora

(Preme na imaxe)

Xela Arias, Tradutora

(Preme na imaxe)

O Portal da Lingua Galega
(Preme na imaxe)

Escape Room "Os segredos de Xela"
de Noemí García
(Preme na imaxe)

No blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega "O Fiadeiro" tedes máis información e recursos: 

https://ofiadeirodoseis.blogspot.com/2021/03/xela-arias.html