Neste mes de xaneiro, con motivo da celebración do Día da Paz, o alumnado de 1º e 2º de Primaria participaron nun obradoiro de programación que lles permitiu traballar o pensamento computacional así como reflexionar sobre a importancia da paz e a convivencia.
O obradoiro comezou co contacontos O xardín da Paz, unha
historia que lles permitiu coñecer diferentes símbolos que representan a paz e
a convivencia. Inspirados polo conto, os alumnos traballaron coa linguaxe dos
computadores, aprendendo como se representan as imaxes a través de píxeles.
Para reforzar esta aprendizaxe, realizaron unha actividade na que debuxaron en
papel os símbolos que descubriran no conto.
A continuación, utilizando o programa MakeCode deron vida ás súas creacións a través da programación que puideron trasladar á placa Micro:bit.
No hay comentarios:
Publicar un comentario