29 oct 2013

LECTURAS SAMAÍN 2013

Presentamos unha selección de Lecturas Terroríficas para estas datas.

Bruxas,vampiros,pantasmas,monstruos,.... forman a exposición que temos na biblioteca.
Anímate e visítanos

 Nos recreos haberá contacontos que nos farán tremer de medo!!!!!


27 oct 2013

AS MOCHILAS VIAXEIRAS INICIAN A SÚA ANDAINA

"Os libros gustan da viaxe e da sorpresa, agardan nos
andeis ou nos expositores por esa man que, ao abrilos,
poña en funcionamento a maxia da lectura"
 Un curso máis  as  Mochilas Viaxeiras   inician a súa andaina esperando o seu disfrute por parte das Familias.
Son 21 mochilas  que viaxarán pola casas dende este mes ata o seu regreso á Biblioteca alá polo mes de xuño. Estarán unha semana nos vosos fogares.
O Contido  das  Mochilas  é diverso
*Contos, cómics, revistas, xogos,......
*Carta explicativa  
ás Familias do funcionamento e listado do material.
*Caderno Viaxeiro :
        No que as Familias escribirán as suxerencias, traballos, debuxos, fotos,etc...
Con todos estos cadernos faremos unha exposición ao final de curso.

Dende o Equipo de Biblioteca agardamos que vos gusten!!
Escomenza a viaxe!!!!!!     Boas lecturas!!!!!!!!!!!

26 oct 2013

SAMAÍN E EXPOSICIÓN CABAZAS


 
           Estimadas   Familias:
 
 
        Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, era o período máis importante do ano.
 
     Eran datas claves para reunirse nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.
 
    Coma sempre,faremos unha EXPOSICIÓN coas caveiras que fagan na casa cos seus fillos e fillas.Hai que traelas o luns 28.Mentras as fan pódenlle contar contos sobre o tema e botarlle imaxinación e inventar outros.
 
    ¡Hai doces moi ricos que se fan coa polpa cocida da cabaza, ovos, fariña e azucre! Estamos dispostos a probalos se alguén os trae feitos. UUUUhhhhmmmm!
 
    Recollerán as cabazas o mércores día 30 para levalas á súa casa e disfrutalas alí.
 
 Samaín  2013
 

25 oct 2013

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares organizamos diferentes actividades.
 
-LECTURAS RECOMENDADAS
(Preme na imaxe para aumentar de tamaño )
-VÍDEOS
Educación Infantil
"Caillou va a la biblioteca"
 

1º Ciclo
"Leer te transporta"

2º e 3º Ciclo
"Los fantásticos libros voladores"


Entrega das Mochilas Viaxeiras que escomenzarán a súa viaxe e o Pase ao liberespazo.
 
 Os nov@s usuari@s de Educación Infantil  recibirán os carnets e as "Bolsas Viaxeiras" para iniciar o préstamo.
 
E  coma sempre non faltarán os agasallos (marcapáxinas e caramelos)

22 oct 2013

RECURSOS PARA O SAMAÍN

 Nas seguintes ligazóns atoparedes moitos recursos para traballar o tema.
(Preme nas imaxes para acceder á páxina)
 
 
 
 
Biblioteca
Víctor Sáenz
 
 
Biblioteca
"O Recanto de Mik"
 
 
 
 
Biblioteca
"Outeiro de Matilda"
 
 
Web de Norberto
 
 
 
 
Vieiros  da escola
 
 
 
Orientación Condesa
 
 
 
Wikipedia
 
SYMBALOO  SAMAÍN  DE PATRI PENA
 
 
SAMAÍN: LIM


 
SAMAÍN: CANCIÓNS


19 oct 2013

NOVIDADES NA BIBLIOTECA


Xa estamos inmers@s de cheo nas actividades da biblioteca: inicio de préstamos,formación de usuarios,preparación das mochilas viaxeiras,concursos,entrega de carnets aos novos usuari@s,......e tamén  moitas NOVIDADES que iremos comentado pouco a pouco.
Decoramos as ventas en cada estación
 
Un espazo con pufs para sentarse e
disfrutar dun rato agradable de lectura
 
Nos recreos a nosa biblioteca está moi viva,a ocupación é total,préstamos,lectura,búsqueda en internet,....

Temos un grupo de alumn@s de 6º que son @s axudantes e colaboran no mantemento da biblioteca,colocando e ordenando,sellando,mantendo silencio,axudando aos máis pequen@s ,....

16 oct 2013

II CONCURSO DE RELATOS TERRORÍFICOS


A Biblioteca convoca o
" II Concurso de Relatos Terroríficos"

Do 15 ao 28 de Outubro

 
  Pasade pola biblioteca para coñecer as Bases do Concurso e animádevos a participar.

Pasarémolo de medooooo!!!!!!!!!!!!!!!!

12 oct 2013

11 oct 2013

O OUTONO:RECURSOS

Estamos no outono,tempo de
 vendimas,magostos,samaín,etc......

Nas seguintes ligazóns atoparedes recursos e moitas ideas  para traballar o tema nas aulas(Preme nas imaxes para acceder á páxina)


 
Secretaría Xeral
de Política Lingüística

Biblioteca
"O Recanto de Mik"

Mestres Goldar

Biblioteca
" Outeiro de Matilda"
Ceip Outeiro das Penas

Aula Tic
 CEE
"Terra de Ferrol"

SYMBALOO de outono de Elena E. Medina(http://enelauladeapoyo.blogspot.com.es), con contos,cancións,xogos,poesías,debuxos,.....

9 oct 2013

CONTACONTOS: BEA CAMPOS


Este curso participamos na Campaña IMPÓRTANOS e o venres 4 de outubro tivemos unha sesión de CONTACONTOS da man de BEA CAMPOS para o alumnado de educación infantil de cinco anos.

 
Contounos catro contos: Xaime e as landras, O poliño da abeleira, Pequeno azulpequeno amarelo e Bailar nas nubes.

 
Aprendimos moitas cousas ,.......disfrutamos e pasámolo moi ben!!!!
Tamén deixamos a nosa pegada e como di o
Lema da Campaña

" MOITA XENTE PEQUENA, EN LUGARES PEQUENOS, FACENDO COUSAS PEQUENAS, PODE CAMBIAR O MUNDO"



Máis información sobre a campaña  na páxina
 

6 oct 2013

LIBRO-DISCO "PAN DE MILLO"

 
             PAN DE MILLO” é un libro-disco publicado por kalandraka e dirixido a público familiar en que Migallas Teatro reúne 14 cancións infantís e versións de temas tradicionais que interpreta nos seus espectáculos e actividades de expresión dramática.
 
       Os arranxos e adaptacións están feitos por Magoia Bodega e Paulo Nogueira, músicos e educadores, membros do grupo Treixadura .
 
       As ilustracións son de Dani Padrón.
 
       Temas cotiás e ritmos diversos para practicar o xogo e a expresión dramática,recuperar a memoria dos maiores e potenciar o galego.
 

Máis información na Web de Kalandraka
 

 
Web de Migallas Teatro con fragmentos de cancións

5 oct 2013

1 oct 2013

LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR

              Con este lema, "Ler ciencia na biblioteca escolar , preséntase o cartel que neste curso 2013/2014 edita a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co gallo da celebración do Mes da Biblioteca Escolar (Outubro) e do Día da Biblioteca (24 de Outubro).
      O lema trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabida na biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado.
              A ilustración é de PATRICIA CASTELAO