Mostrando entradas con la etiqueta Celebracións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Celebracións. Mostrar todas las entradas

24 oct 2024

CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS

Nesta semana demos comenzo coas actividades na biblioteca: escollemos os libros que levamos en préstamo, preparamos os pasaportes lectores, vimos as primeiras novidades, cada aula recolleu a súa mochila viaxeira, o voluntariado comenzou co seu traballo solidario e de contacontos, recordamos normas de funcionamento...

As Mochilas Viaxeiras iniciaron a súa andaina aos vosos fogares dende este mes ata finais de maio que regresarán á biblioteca.

Con esta proposta queremos que as familias poidades compartir momentos en torno aos libros e a lectura.

Levan unha carta explicando o seu funcionamento e un listado do material así como un caderno viaxeiro, en branco, para escribir, debuxar, pegar unha foto, suxerencias... deixar a vosa pegada para compartir co resto da aula!!!

Tamén acompaña unha proposta de actividade para facer en familia, relacionada co PDI, que logo formarán parte da exposición que organizaremos no centro.

Agardamos que as desfrutedes!!!

28 abr 2020

MAIOS NA CASA

Chegou a primavera e con ela os maios e, aínda que en confinamento, é o seu momento.



“ A Festa dos Maios é a festa da primavera, ben sexa da súa chegada, ben do seu trunfo. Significa o reverdecer das prantas , o comezo do ano agrícola, a ledicia de ver o sol por riba do horizonte e coller altura e forza". Vicente Risco.




4 may 2019

O NOSO MAIO


O luns 29 de Abril , cos distintos materiais aportados polas familias, fixemos o noso MAIO.
Pampillos, calas, xestas, uces, carqueixas, margaridas, … fiuncho, fento e outros vexetais,…foron os elementos cos que cubrimos a súa estructura. O  alumnado axudou na súa realización empezando polos máis pequenos e pequenas do cole.
Ao día seguinte, cada clase foi cantarlle as COPLAS que compuxemos.

Grazas ás familias pola súa colaboración!!!

12 mar 2019

ENTROIDO MÁXICO

O venres 1 de marzo celebramos o entroido no centro. Seguindo o proxecto deste curso, O Seis , encheuse de personaxes máxicos.

Infantil de 3 anos: Unicornios
Infantil 4 anos: Peter Pan 
(campanilla, sereas, capitán garfio,…)
Infantil de cinco anos: Mago de Oz 
(Dorothy, espantallos, leóns, bruxa,…)
1º: Mary Poppins 
2º: Trasnos do bosque 
3º: Magos e magas
4º: Personaxes de Alicia no país das marabillas
5º: Personaxes de Harry Potter
6º: Meigas e Meigos das fragas
Desfile no pavillón e pasarrúas polo barrio .
A volta  xuizo e queima do Meco.
E para rematar degustación de productos típicos desta festa (orellas, filloas, flores,...).
Grazas ás familias pola colaboración!!!!!

24 feb 2019

ENTROIDO: MANDADIÑOS DO MECO


Xa chegou o ENTROIDO e con el os Mandadiños do MECO. 

A semana do 25 ao 28  de febreiro teremos que vir como el manda!!! Este ano os mandados serán acumulativos, engadindo o de cada día para actuar o xoves.

O venres 1 de marzo será o pasarrúas polo barrio. Bailaremos, cantaremos as nosas coplas e disfrutaremos desta festa.

Grazas pola vosa colaboración!!!

19 feb 2017

MANDADIÑOS DO MECO

"Aquí o noso Meco
un home viaxeiro
todo emocionado 
de ver o mundo enteiro"
Neste Entroido emocionante e viaxeiro imos ver que manda o Meco




2 may 2016

OS MAIOS

"Aquí ven o maio 
de frores cuberto
puxéronse á porta
 
cantándome os nenos
i os puchos furados
 
pra min estendendo
pedíronme crocas
 
dos meus castiñeiros........"

(Manuel Curros Enríquez)

Cada primeiro de maio, a vexetación sae á rúa en forma de "MAIO", unha construción de diferentes formas feita con elementos vexetais en función da zona na que se elabora e que pode ser enxebre ou artístico.
Hai diferentes interpretacións sobre a súa orixe. Algúns a sitúan no Paleolítico, momento no que xorden os cultos agrarios e outros no Neolítico, co nacemento da agricultura e coa celebración do espertar da natureza, a protección de vexetais e animais.

Os maios acompáñanse de coplas cun compoñente satírico que facían relevancia a calquera feito social que acontecese no último ano.

En Galicia hai varias Manifestacións:
Agrarias, pecuarias, mariñeiras, lúdicas, amorosas,...

OS MAIOS EN VIGO
A Asociación veciñal e cultural Casco Vello organiza a Festa dos Maios o vindeiro domingo 8 de maio.

31 ene 2016

MANDADIÑOS DO MECO

Xa chegou o Entroido!!!!
Neste ano viaxeiro imos ver o que manda o Meco para esta semana.
Non esquezades que este ano son mandatos sumativos,  hai que traer o de atrás e......

12 nov 2015

MAGOSTO 2015

O luns poidemos celebrar o Magosto e disfrutar desta festa na que a castaña foi a protagonista.
Adornamos a entrada cun mural coas castañas viaxeiras que decoraron as familias e alumnado.
As familias aportaron leña e castañas e os nenos e nenas trouxeron de casa colares de follas, diademas, sombreiros.
Mentras os nenos e nenas  xogaban as mestras foron as encargadas de preparar as fogueiras e asar as castañas.
O alumnado de primaria, ao ritmo de varias cancións, saltaron á comba e infantil organizou varios xogos, circuito, culler con cuchara e tragacastañas.

E como remate o baile dos globos, buscamos unha parella e co globo colocado entre os dous bailamos e tentamos explotalo.

Despois de xogar e cos nosos cestiños e cucuruchos tocaba comer as castañas que estaban boísimas!!!!

E o toque final, tiznar a cara e bailar!!!!
Pasámolo xenial!!!!


5 nov 2015

TEMPO DE MAGOSTO

Mañá venres 6 de novembro, celebraremos o MAGOSTO.
Durante estos días andamos  preparando todo o necesario para desfrutar desta festa (xogos, cestiños,...)
Premendo na imaxe accedemos a unha recompilación de  recursos para  traballar o tema.

Na páxina da Coordinadora Galega dos Equipos de Normalización Lingüística atoparedes unha selección de Actividades sobre a castaña e o magosto con 3 poemas de Manuel María, Helena Villar e Tucho Calvo, elaborado polo Ceip Galán de Oseiro (Arteixo).
Para ir quentando motores esta canción "Chegou magosto"

13 may 2015

XOGA COAS MATEMÁTICAS

Onte,12 de maio , Día escolar das Matemáticas, celebramos esta data cun obradoiro  co título 
“Xoga coas Matemáticas”
No vestíbulo do cole montamos oito mesas.En cada unha traballouse unha actividade distinta:espellos, calculadoras, pensamento estratéxico, dominó, números, pentaminós, tangrám, cubo soma.
 Dividimos ao alumnado en grupos de tres que  foron rotando polas distintos postos onde estaban os monitores/as de sexto, que foron explicando as actividades a desenvolver.
Pasamos unha mañá moi entretida e divertida!!!!!
Imaxes do que foi a xornada


30 abr 2015

XA CHEGOU O MAIO!!!

Cada primeiro de maio, a vexetación sae á rúa en forma de "MAIO", unha construción de diferentes formas feita con elementos vexetais en función da zona na que se elabora e que pode ser enxebre ou artístico.
Os historiadores non conseguen porse dacordo á hora de datar a orixe dos maios. Hai quen a sitúa no Paleolítico, momento no que xorden os cultos agrarios como hai quen a sitúa no Neolítico, co nacemento da agricultura.
Aínda que non están moi claras as súas orixes parece indiscutible a celebración do espertar da natureza,a protección de vexetais e animais,o inicio do amor nun contexto dinamizado pola ledicia diante do alborexar da vida nova.
Os maios acompáñanse habitualmente de coplas cun compoñente satírico que facían relevancia a calquera feito social que acontecese no último ano.
"Ai ven o maio
de frores cuberto
puxéronse a porta
cantándome os nenos
os puchos furados
pra min extendendo
pedironme crocas
dos meus castiñeiros........"

(Luis Emilio Batallán)
Coas coplas acontecía igual que coas formas e os materiais de construción dos propios maios, hai moitas estructuras, figuras e variantes.
En Galicia hai varias Manifestacións:

Agrarias,pecuarias,mariñeiras,lúdicas,amorosas,cristiás,..

Máis información:
LIM

OS MAIOS EN VIGO
A Asociación veciñal O Casco Vello organiza a Festa dos Maios o vindeiro domingo 10,preme na imaxe para ver o programa.