O venres 16 de novembro, as clases de 1º de
Primaria participaron na entrega de premios do 9º Certame de fotografía
"As imaxes do patrimonio" Inmaterial Galego-Portugués, convocado
pola Asociación cultural e pedagóxica Ponte...nas ondas!.
A gala celebrouse no Auditorio do Centro Veciñal e Cultural de Valadares en Vigo coa actuación de Paco Nogueiras que foi o encargado de conducir o evento.
Lingua e música uniron a escolas galegas e portuguesas na gran festa do Día Internacional do Patrimonio.
O centro participou no certame con varias imaxes, proporcionadas polas familias da comunidade educativa, unha colaboración que permitiu poñer en valor escenas, lembranzas e tradicións ligadas ao patrimonio inmaterial.
Na categoría de Ensino Primario,
recibimos o 2º premio coa imaxe “Esfollando o millo”, de Simón Rodríguez.
Esta iniciativa contribúe a preservar a riqueza do patrimonio, transmitindo historias, coñecementos e tradicións ás novas xeracións. A través da fotografía, o alumnado achégase a formas de vida, costumes e expresións culturais que forman parte da identidade colectiva.
As familias desempeñan un papel fundamental para manter viva a
nosa identidade e cultura, achegando memoria, experiencias e vínculos coa contorna. Queremos agradecer a colaboración das familias!!!
Tedes máis información de como foi a xornada na seguinte ligazón:
https://www.youtube.com/watch?v=Ecih8tTQL38
O 17 de outubro celebramos o Día Internacional do Patrimonio Cultural Inmaterial: "As persoas salvagardan o patrimonio vivo e enriquecen a diversidade cultural e a creatividade humana".

.png)
.png)






.png)












.jpg)











