Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas. Mostrar todas las entradas

5 jun 2025

BIBLIOLAB: A FOLIADA DAS LETRAS

Durante o mes de maio, a BiblioLab centrou as súas actividades na celebración de “A Foliada da Letras” co obxectivo de fomentar o coñecemento das homenaxeadas nas Letras Galegas.

BUSCA A PARELLA

Xogo de memoria no que temos que atopar as parellas de instrumentos tradicionais.

A FOLIADA

Coloreamos as marionetas, recortámolas e empregamos as pezas de Korbo para crear unha foliada de grupo.

A LUPA MÁXICA

Descubrimos os datos máis relevantes das homenaxeadas das Letras Galegas a través da lupa máxica que nos permitiu cubrir a ficha de investigación.

ATURUXA

Xogo de mesa estilo “Dobble” con temática de instrumentos e prendas típicas do baile tradicional galego.

ROBÓTICA

Descubrimos algúns intrumentos da música tradicional galega xogando co taboleiro do Tale Bot.

MARIONETA CANTAREIRA

Pintamos, recortamos e creamos a nosa marioneta cantareira seguindo as instrucións de montaxe.

CANTO SABES DAS CANTAREIRAS?

Escaneamos os códigos QR para aprender sobre as protagonistas das Letras Galegas.

A RUTA DAS CANTAREIRAS

Programamos o Coding Set para a nosa ruta coas tarxetas de retos.

27 may 2025

FOLIADA DAS LETRAS

O venres 23 de maio o noso centro co grupo de “Cantareiras do Seis” participamos na Foliada das Letras Galego-Portuguesas en Compostela.

Nesa xornada reivindicamos e celebramos o rico patrimonio oral galego-portugués e os nosos cancioneiros tradicionais. 

A Foliada foi unha auténtica romaría, chea de música, alegría e cultura. Cantar e bailar foron as actividades principais, e fixémolo con moito entusiasmo. Compartimos a nosa paixón polas letras e a música tradicional con outros grupos de escolas de Galicia e Portugal. Foi unha experiencia enriquecedora que nos uniu a todos nun lazo cultural e emocional.

Durante esta fermosa festa, as nosas voces encheron o aire de Compostela, reivindicando a riqueza e a diversidade das letras galego-portuguesas. Cada canción que interpretamos foi un tributo ao noso patrimonio común, e cada baile foi unha celebración da nosa identidade compartida.

No blog de Música podedes ver os vídeos da actuación:

https://opentagramamaxico.wordpress.com/2025/05/26/ponte-nas-ondas-pno/

21 may 2025

CELEBRANDO AS LETRAS GALEGAS 2025

Festexamos a Semana das Letras Galegas con música, tradición oral e innovación.

As actividades foron organizadas polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega, Biblioteca e Música.

Empregamos diferentes actividades en liña, pintamos a bandeira galega, escribimos o noso libriño das letras galegas…

O alumnado de 6º de Primaria buscou información sobre as cantareiras e os cancioneiros populares. Presentaron as súas investigacións aos compañeiros e compañeiras do colexio. Os resultados das súas investigacións foron expostos no corredor correspondente.

Un dos momentos máis destacados da semana foi a visita de Xurxo Souto o xoves 15 de maio. Este multifacético artista -cantante, acordeonista, escritor, actor, director e locutor-compartiu a súa paixón pola poesía popular oral. Durante a súa charla, destacou que “somos un pobo de artistas”.

Xurxo Souto tamén acompañou ás cantareiras e interpretamos conxuntamente o “Pirimpimpim”. Foi un momento máxico que resaltou a unión e a forza da cultura galega a través da música.

Para conmemorar este día tan especial, agasallamos a todos e todas cun fermoso colgante en forma de pandeireta, elaborado coa impresora 3D.

Nas aulas de 6º de Primaria, os nenos e nenas empregaron os seus coñecementos sobre a técnica do Zentangle, combinando meditación e debuxo de tangles (enredos), para crear unha pequena estampa en homenaxe ás cantareiras.

Entre todas as aulas, construímos un mural que recolle diferentes elementos da arte das cantareiras. Este mural foi un traballo colaborativo que involucrou a toda a escola:

  • Educación Infantil: Decoraron tres pandeiretas co nome das homenaxeadas.
  • Educación Primaria: Decoraron as ferreñas con información sobre as cantareiras Adolfina e Rosa Casás, Eva Castiñeira, Manuela Lema, Teresa García Prieto, e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda.

O venres 16 de maio, durante o recreo, recibimos a TVE, que gravou ao grupo das “Cantareiras do Seis”. Este momento especial foi despois emitido no telexornal.

Para culminar esta semana das Letras Galegas, despois do recreo, a rapazada reuniuse no patio e cantou o Himno Galego. Foi un momento emocionante que puxo fin a unha semana chea de actividades enriquecedoras e de celebración da nosa lingua e cultura.

19 may 2025

AS LETRAS GALEGAS NA RADIO DO SEIS

A clase de 1ºB, xunto coa de 5º Infantil B, prepararon un programa especial co fin de conmemorar o Día das Letras Galegas

Este ano está dedicada ás cantareiras,  mulleres que coas súas voces e melodías, transmiten historias e emocións que forman parte do noso patrimonio cultural. Esta homenaxe busca poñer en valor o seu legado e a súa contribución á cultura galega.

Desfrutade desta nova entrega!!!

18 may 2025

OBRADOIRO DE ROBÓTICA: LETRAS E ROBÓTICA

Durante este mes de maio, os obradoiros de robótica tiveron un enfoque moi especial: renderlle homenaxe ás protagonistas das Letras Galegas 2025, as cantareiras. A través da tecnoloxía, o alumnado de 6º de Primaria mergullouse nunha experiencia educativa onde tradición e innovación foron da man.

O obradoiro estivo organizado en tres estacións rotativas, que permitiron ao alumnado experimentar con distintas ferramentas: Scratch, VinciBot e Coding Set. 

Na primeira estación o alumnado tivo que programar con Scratch unha pequena animación na que debían facer que as cantareiras se presentasen e tocasen a pandeireta.

Na segunda actividade era o momento de facer que VinciBot botase un baile e tocase a pandeireta grazas a linguaxe de programación coa app de Matatalab.

E finalmente na última estación, a rapazada tivo que superar os retos que lle propuxo Coding Set para coñecer as cantareiras e compor o poema que as presentaba.

Foi unha actividade na que a creatividade, a cultura galega e a programación se entrelazaron, demostrando que as novas tecnoloxías tamén poden ser un vehículo para manter vivas as nosas tradicións.

16 may 2025

LETRAS GALEGAS 2025

Día das Letras Galegas 2025 adica unha homenaxe ás cantareiras e á poesía popular oral, destacando o papel fundamental que estas mulleres xogaron na creación e transmisión literaria.  

Entre as homenaxeadas: Adolfina e Rosa Casás Rama (Cerceda), Eva Castiñeira (Muxía) e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda –as Pandeireteiras de Mens (Malpica de Bergantiños). Estas mulleres son un exemplo do valor e riqueza da lírica oral, unha forma de expresión anónima que pertence á comunidade e que se aprende escoitando, cantando, traballando, divertíndose...!!!

Para achegarnos á vida e obra das cantareiras organizamos unha exposición bibliográfica que ilustra a súa contribución á poesía popular oral.

7 may 2025

AS CANTAREIRAS NA RADIO DO SEIS

Blanca, Nakire e Sofía, alumnas de 5º de Primaria e membros do Club de Lectura, gravaron un programa adicado ás cantareiras. Foi creado con motivo da súa participación no VII Concurso de Podcasts Radio na Biblio e así homenaxear a nosa poesía popular oral co gallo das Letras Galegas 2025.

Parabéns polo voso traballo e agardamos que desfutedes desta nova entrega da Radio do Seis!!!


1 may 2025

FALADOIRO NA RADIO DO SEIS

Os programas da Radio do Seis continúan a sorprendernos!!!

Nesta ocasión, o alumnado de 6º de Educación Infantil gravaron un faladoiro moi especial como parte da súa participación no VII Concurso de Podcasts Radio na Biblio e así homenaxear ás cantareiras e pandereteiras, figuras clave da nosa tradición musical co gallo das Letras Galegas 2025 e por en valor a nosa rica poesía popular oral que tanto nos enriquece e define como pobo.

Parabéns polo voso traballo! Desfrutade desta nova entrega!!!

8 jun 2024

O VIOLINO DE LUÍSA VILLALTA

Con motivo das Letras Galegas o alumnado de  4º e 5º de primaria participaron nun taller de robótica inspirado na paixón pola música da homenaxeada nas Letras Galegas de este ano: Luísa Villalta.

Tras ler unha versión resumida do conto "Tinta do Mar" que recolle a biografía de Luísa Villalta, o alumnado comezou a programar un violín con axuda de Scratch; para posteriormente empregar unha placa Makey Makey “para darlle vida” á maqueta do violino de Luísa.



Unha vez construído chegou o momento de tocar as partituras creadas polo alumnado de 5º na área de música, partituras inspiradas no poema Antiquísima de Luísa Villalta. A continuación podedes desfrutar da fermosa melodía creada:

 

7 jun 2024

BIBLIOLAB: PENSAMENTO COMPUTACIONAL E LETRAS GALEGAS

No mes de maio, as actividades que se desenvolveron na BiblioLab tiveron como eixo temático as Letras Galegas e o pensamento computacional.

LAPIS 3D

Creación de marionetas para inventar historias relacionadas coa vida de Luísa Villalta, homenaxeada nas Letras Galegas deste ano 2024.

ANIMANDO A LUISA VILLALTA CON SCRATCH

Utilizamos o programa Scratch para crear animación na que Luísa toca o seu violino.

XOGA CO TALE-BOT

Programamos o Tale-bot seguindo os percorridos propostos á vez que se descobre a vida de Luísa Villalta.

CODY CUBE. Versión: atraque nun porto galego

Xogo de taboleiro que fomenta o pensamento computacional desenchufado cuxo obxectivo é atracar o barco no porto antes que os demais xogadores.

A LUPA MÁXICA

Descubrimos os datos máis relevantes da biografía de Luísa Villalta a través da lupa máxica que permite cubrir a ficha de investigación.

CÓDIGO BINARIO

Descubrimos cal é a linguaxe dos ordenadores e seguindo as instruccións soubemos cal era o nome que se agochaba tras o código.

PIXEL ART

Creamos unha lámpada empregando a antiga linguaxe que os ordenadores utilizaban para representar as imaxes.

AFUNDIR A FROTA

Xogo de coordenadas no que en lugar de atopar barcos, atopamos imaxes relacionadas coas Letras Galegas deste ano: un libro, un violín, a Luísa, a Torre de Hércules e a bandeira galega.