Mostrando entradas con la etiqueta Teatro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Teatro. Mostrar todas las entradas

10 jun 2026

CONTACONTOS E TEATRO EN INGLÉS

O xoves 4 de xuño o alumnado gozou dunha xornada moi especial en inglés da man de Ariadna Santana, actriz, cómica e cantante. A artista encheu o centro de risas, música e aprendizaxe a través do teatro e dos contos. 

Para o alumnado de Primaria, Ariadna representou a obra "The Magic Tree", unha historia chea de maxia, amizade e aventuras que fixo voar a imaxinación de todos. A través do xogo escénico e da participación activa, o inglés converteuse nunha ferramenta viva e divertida. 


Os máis pequenos e pequenas de Educación Infantil viaxaron con ela nun percorrido titulado "The Lollipop Trip", un contacontos cheo de cores, ritmo e emocións. Cancións, xestos e palabras en inglés mesturáronse para crear unha experiencia sensorial e educativa.

12 mar 2025

TEATRO DE SOMBRAS

O martes 11 de marzo recibimos a visita dun grupo de rapazas e rapaces do Ciclo Superior de Animación Sociocultural e Turística do IES Primeiro de Marzo de Baiona que fixeron unha adaptación do libro “Feliz Feroz. O lobiño riquiño” de El Hematocrítico en teatro de sombras.

O alumnado de 6º de Edº Infantil desfrutou con esta actividade e tamén experimentaron coas marionetas. Entregáronlles como agasallo un marcapáxinas. Moitas grazas pola vosa visita!!!

21 ene 2025

OBRADOIRO DE RADIO

O luns 20 de xaneiro o alumnado de 3º de Primaria tivo a oportunidade de desfrutar do obradoiro “Introdución ao teatro radiofónico”, coa escritora e actriz Paula Carballeira.

Exploraron as posibilidades para modular a voz, entonación, silencios..., e tamén crearon ficción, facendo unha lectura dramatizada do texto teatral "Somos os monstros”, escrito por Paula.

Finalmente poideron poñer en práctica o aprendido gravando as súas voces na radio. Encantoulles!! Quedou un resultado xenial!! Moitas grazas, Paula!!

10 dic 2024

TANXARIÑA CON "TITIRICIRCUS"

O luns 9 de decembro, desfrutamos dun espectáculo de teatro de marionetas con TANXARINA coa representación de “TITIRICIRCUS”.

É a historia de dous traballadores do circo que recordan con marionetas de fíos o pasado da pista circense.

Ao longo da función foron aparecendo diferentes números: o home máis forte da Península Ibérica, o señor Bigotini, a serpe Josefina e o encantador Palindranat, o malabarista señor Tato, o monociclista do espectáculo, o señor Venancio... que contaron coa implicación do público entusiasmado.

Agasallaron cun exemplar asinado do libro “Titiricircus”, Ed. Kalandraka para a biblioteca.

Moitas grazas Tanxarina!!!

27 mar 2020

DÍA MUNDIAL DO TEATRO


O 27 de marzo de 1962 o Instituto Internacional do Teatro (ITI) decidiu establecer esta data como Día Mundial do Teatro, lembrando a apertura do Teatro das Nacións en París. O seu obxectivo é promover o teatro en todas as súas formas arredor do mundo, crear conciencia sobre o valor do teatro e poñer en valor a forma de arte "teatro".

Este ano o dramaturgo pakistaní Shahid Nadeem é o encargado do manifesto : O Teatro como Santuario.


Recollemos un fragmento do Manifesto de Paula Carballeira, para GÁLIX no Día Mundial do Teatro. (Preme na imaxe de Gálix para ler todo o Manifesto)

Lembra, é preciso o teatro

“Precisamos teatro.
Lembra.
Ao final, somos seres sociais.
Sen teatro nunca aprenderemos a confiar nos demais, a inventarnos e reinventarnos, a buscar as palabras coas que mellor expresar o que sentimos, a disfrazarnos de todas as persoas que levamos dentro e ser directores e directoras desas infinitas postas en escena que nos dan outras perspectivas, que nos axudan a poñernos no lugar do outro, da outra, que nos ensinan que se poden contar historias con luz, música, movemento, poesía, nun acto artístico complexo…”

O Libro de Héctor Cajaraville "Ricardo Carvalho Calero. A pegada do compromiso", inclúe sete pezas teatrais con escenas da vida do autor.