29 sept 2015

BIBLIOTECA ESCOLAR, BASE DE EXPLORACIÓNS

"Biblioteca escolar, base de exploracións" é o lema elixido este curso para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares.

A imaxe do cartel responde á interpretación que deste lema fixo o ilustrador e autor de cómic FRAN BUENO.

O lema "Biblioteca escolar, base de exploracións" chama a traballar coa información, a mirar fóra, a facerse preguntas e pescudar posibles respostas, a interesarse polo outro, polo diferente, polo alleo; a estudar xeografías e inventar rutas para novas aventuras; a coñecer as viaxes que fixeron os grandes exploradores e aquelas outras que, cada día, bota ao camiño a milleiros de persoas na procura dun mundo máis xusto. Convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido.  (Recollido da páxina de  Bibliotecas Escolares)

28 sept 2015

BENVIDA CURSO 2015/2016

Benvid@s a un novo curso cheo de ilusións, proxectos, historias e viaxes.
Baixo o lema “Viaxando co Seis”, trataremos de achegar ao alumnado a diferentes realidades, lugares, monumentos, música, bailes,…e todo o que teña que ver coa cultura de cada zona. 

Viaxaremos por Galicia e España, vendo, explorando, escoitando,….enriquecendo as súas aprendizaxes e a súa personalidade.
A entrada do cole xa está decorada con materiais e unha selección de lecturas sobre o tema.

O vindeiro 1 de Outubro a biblioteca abre as súas portas con moitas sorpresas e actividades.

Escomenza a viaxe!!!!!!!