18 sept 2026

PROXECTO DOCUMENTAL ANUAL

“Coia, o barrio do Seis” é o proxecto documental que desenvolveremos ao longo deste curso 2026-2027 para coñecer mellor o noso barrio e fortalecer o vínculo entre o colexio e a súa contorna.

Queremos que o alumnado descubra e coñeza mellor o lugar no que vive: a súa historia, a cultura, as persoas, os espazos e todo aquilo que fai de Coia un barrio único.

A través da investigación, a observación e diferentes actividades, aprenderemos xuntos a coñecer, valorar, coidar e mellorar a nosa contorna, traballando tamén polos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 e por un futuro máis sostible.

Queremos que este sexa un proxecto compartido, no que escola, alumnado, familias e contorna camiñemos xuntos.

Agardamos contar coa vosa colaboración e participación nas diferentes actividades de investigación e creación que iremos propoñendo ao longo do curso!

15 sept 2026

BIBLIOTECA EN HORARIO DE TARDE

Co inicio das actividades extraescolares neste mes de setembro, retomamos tamén a apertura da biblioteca no horario de tarde co obxectivo de ofrecer un espazo de lectura, estudo e consulta.


Informamos dos horarios, normas e as actividades que se desenvolven. 

14 sept 2026

CLUBS DE LECTURA

Se che gustan os libros, as historias e descubrir novas aventuras, o Club de Lectura é para ti.

Neste espazo poderás compartir as túas lecturas, falar sobre os teus personaxes favoritos, recomendar libros e coñecer novas historias xunto cos teus compañeiros e compañeiras.


Se estás en 5º ou 6º de Educación Primaria e queres participar nesta experiencia, agardámoste o martes 15 de setembro durante o recreo.


Nese encontro explicaremos como funciona o Club, que actividades realizaremos e como podes formar parte del. Anímate a participar e a compartir connosco o pracer de ler!