Mostrando entradas con la etiqueta Librarías. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Librarías. Mostrar todas las entradas

11 nov 2023

11 DE NOVEMBRO, DÍA DAS LIBRARÍAS

Hoxe é un día para reivindicar, unha vez máis, as librarías de proximidade, espazos que van máis alá da venda de libros, transformándose en motores culturais da comunidade.

Librarías con profesionais que entenden a literatura como algo non supeditado ás modas. Libreiros e libreiras que consiguen o imposible, que nos axudan a conformar unha colección rigorosa nas nosas bibliotecas. Librarías que son espazos de acubillo para alumnado e familias, con múltiples actividades compartidas.

É necesario coñecer e preservar a cadea do libro.

FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES

11 nov 2020

13 DE NOVEMBRO: DÍA DAS LIBRARÍAS

O 13 de Novembro celébrase, desde o ano 2011, o Día das Librarías, promovido por CEGAL e a Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura do Ministerio de Cultura e Deporte. En Galicia está incluido no Calendario do Libro e da Lectura e conta co apoio da Federación de Librarías de Galicia.

Desde Cegal sinalan que ”…queremos mostrar que somos espazos próximos, modernos e en continua evolución para xerar cultura, e crear comunidades en torno ao libro e a lectura”.

Este é un bo ano para reivindicar, unha vez máis, as librarías de proximidade, espazos que van máis alá da venda de libros, transformándose en motores culturais da comunidade. Librarías con profesionais que entenden a literatura como algo non supeditado ás modas. Libreiros e libreiras que consiguen o imposible, que nos axudan a conformar unha colección rigorosa nas nosas bibliotecas. Librarías que son espazos de acubillo para alumnado e familias, con múltiples actividades compartidas.

FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES

1 oct 2015

VENRES NAS LIBRARÍAS

O programa ‘Venres nas librarías’, promovido polas consellerías de Cultura e Educación, e de Economía e Industria, xunto coa Asociación Galega de Editores (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia, ofrecerá máis de 80 actividades este ano, durante as fins de semana de outubro e de novembro, para promover o libro, incrementar o público lector e poñer en valor as autoras e os autores galegos.
(PREME NA IMAXE PARA ACCEDER AO PROGRAMA)
O programa de actividades desenvolverase os venres e sábados de outubro e novembro de 2015, e de febreiro e marzo de 2016.
Un total de 17 librarías das catro provincias serán o lugar de encontro de público lector, de libreiros e libreiras e de escritores e escritoras para dar a coñecer as novidades editoriais galegas a través de diferentes propostas: presentacións de novidades editoriais, conversas entre escritor@s e público, lecturas dramatizadas de obras literarias, lecturas poéticas.