20 dic 2020

GUÍA DE LECTURAS DE NADAL

Un ano máis, por estas datas, achegamos a nosa Guía de Lecturas. Sempre enviamos ás familias un tríptico impreso e en cor pero este curso, coa situación que estamos vivindo, decidimos que fose dixital e noutro formato diferente.

Estos son os libros que traballaremos con cada clase á volta de Nadal.

Non vos esquezades de pedir nas vosas cartas aos Reis Magos, Papa Noel ou o Apalpador un libro. Seguro que lles encantará!!!

Colabora co comercio local e merca nas librarías da zona!!!

Neste Nadal agasalla Libros!!!

Guía de Lecturas Nadal 2020 de Biblioteca Seis do Nadal

16 dic 2020

TIPOS DE BAILE

Hip-hop, salsa, vals, ballet, breakdance, flamenco, claqué, muiñeira,… foron algúns dos tipos de baile que escollestes para completar o reto de novembro.

Na seguinte presentación as vosas aportacións!!!

 

13 dic 2020

O APALPADOR: LECTURAS

O Apalpador, de profesión carboeiro, mora nas devesas das montañas do Caurel e outras serras orientais de Galicia, e nos días do inverno baixa ás aldeas e vilas dos vales para achegarlles aos nenos e nenas, castañas e agasallos feitos a man.

Ao Apalpador gústanlle máis os xoguetes feitos á man con materiais naturais como a madeira ou o barro, cheos de cariño e respectuosos co medio ambiente, que aqueles de plástico, automáticos e con pilas que gastan moita enerxía e empobrecen aos nenos e nenas doutras partes do planeta.

No blog da Equipa de Dinamización da Lingua Galega “O Fiadeiro” tedes máis información e recursos para profundizar no tema.

Selección de Lecturas que temos na biblioteca.

Videocontos e conto en pictogramas sobre este personaxe do noso Nadal.

O Apalpador de Biblioteca Seis do Nadal

3 dic 2020

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Hoxe, 3 de decembro, é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

No ano 1992 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 3 de decembro como Día internacional das Persoas con Discapacidade. O obxectivo é promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.

O lema deste ano é "Participación e o liderado das persoas con discapacidade: Axenda de Desenvolvemento 2030"

Céntrase no apoderamiento das persoas con discapacidade para un desenvolvemento  inclusivo, equitativo e sustentable, como se pedía na Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable, que se compromete a "non deixar a ninguén atrás" e considera a discapacidade como unha cuestión transversal na implementación dos seus 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable ( ODS).

Selección de lecturas e vídeos para reflexionar e sensibilizar de que todos e todas somos únicos e diferentes e que temos moito que aportar aos demais, promovendo a inclusión, a igualdade e a diversidade.

Día Internacional da Discapacidade de Biblioteca Seis do Nadal

2 dic 2020

RETO DECEMBRO

Un bailarín ou bailarina terás que facer se o terceiro selo queres conseguir!!!!

Segue un dos seguintes titoriais e fai a túa bailarina ou bailarín. 

https://www.youtube.com/watch?v=b5h_guXTLk0

https://www.youtube.com/watch?v=TIUAImehZ90

Tamén podes inventar o teu propio ou facer o recortable

https://www.cuentocuentos.org/recortable/14/bailarina.html

Agardamos as vosas respostas!!!

29 nov 2020

ACTIVIDADES #25N

Estivemos realizando diversas actividades  sobre o 25 N, data que todos e todas desexaríamos eliminar do noso calendario,… dialogando e reflexionando sobre a importancia de educar na igualdade  e no respecto aos demais .

Montamos unha exposición con libros sobre esta temática que estiveron a disposición do profesorado para poder traballar con eles nas aulas.

Preparamos  os nosos colgantes  e  saímos ao patio bailando ao ritmo da canción Yo solo quiero bailarreivindicando o NON contra a violencia.


22 nov 2020

#25N: LECTURAS POLA IGUALDADE

Achégase o 25 N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. 

Dende o equipo de biblioteca fixemos unha selección de lecturas que contribúen a educar en igualdade e no respecto hacia os demais.

12 nov 2020

O BAILE NOS CADROS

Primeiro reto conseguido. Éxito!!! Na seguinte presentación os cadros nos que o baile é o protagonista. Grazas pola vosa participación!!!


11 nov 2020

13 DE NOVEMBRO: DÍA DAS LIBRARÍAS

O 13 de Novembro celébrase, desde o ano 2011, o Día das Librarías, promovido por CEGAL e a Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura do Ministerio de Cultura e Deporte. En Galicia está incluido no Calendario do Libro e da Lectura e conta co apoio da Federación de Librarías de Galicia.

Desde Cegal sinalan que ”…queremos mostrar que somos espazos próximos, modernos e en continua evolución para xerar cultura, e crear comunidades en torno ao libro e a lectura”.

Este é un bo ano para reivindicar, unha vez máis, as librarías de proximidade, espazos que van máis alá da venda de libros, transformándose en motores culturais da comunidade. Librarías con profesionais que entenden a literatura como algo non supeditado ás modas. Libreiros e libreiras que consiguen o imposible, que nos axudan a conformar unha colección rigorosa nas nosas bibliotecas. Librarías que son espazos de acubillo para alumnado e familias, con múltiples actividades compartidas.

FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES

7 nov 2020

OUTONO DE LIBROS

Selección de lecturas para estas datas de outono. Tempo de castañas e magostos, de saídas e paseos pola natureza, de xogos coas follas que caen ao chan,...e tamén, de ler un libro.

Tempo de outono, escrito por Concha Pasamar 
 Ed. Bookolia.

(Fonte: Rede Lectura)

Un álbum ilustrado que nos arroupa coa súa poesía e beleza. As cores do outono acompañan, e enriquecen, un texto cargado de ritmo e poesía.

É doado non reparar; é doado distraerse

en mil pequenas rutinas cotiás:

o tempo é esquivo”

Alguns videocontos para celebrar o MAGOSTO:

     -A castaña Catarina

     -A castaña que reventou de risa

     -María a Castañeira

3 nov 2020

RETO NOVEMBRO

Xa está aquí o segundo reto!!!

Tipos de baile terás que investigar, nome e características escribir. Para rematar un debuxo farás. 

Cal é o teu baile????

Agardamos as vosas respostas!!!!

2 nov 2020

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

... chámase ciencia e é unha das ferramentas máis poderosas que desenvolvemos os seres humanos para tratar de comprender como está organizado e como funciona o mundo.
 
Xurxo Mariño Alfonso

Desde a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, de Xurxo Mariño Alfonso, profesor, investigador e divulgador científico.

O autor salienta que este mes  ”… é unha oportunidade estupenda para deixarse enfeitizar pola maxia dos libros e do coñecemento que atesouran”.

Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogues de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc. 

o        MANIFESTO: de Xurxo Mariño

o   FOLLETO INFORMATIVO: Mes da ciencia en galego nas bibliotecas.

o      MATERIAIS: Mes da ciencia en galego

·       PINTEREST: Ciencia en galego

 FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES

O FEITIZO DA CIENCIA

“Está en todas partes. Dentro do teu ordenador, no microondas e na neveira da cociña, en todos os medicamentos que tomamos de cando en vez, nos instrumentos de medición que hai nos hospitais, nas lámpadas que dan luz cando marcha o Sol, no motor do coche e do patinete eléctrico... chámase ciencia e é unha das ferramentas máis poderosas que desenvolvemos os seres humanos para tratar de comprender como está organizado e como funciona o mundo....

...Pero ademais de facer ciencia, todos podemos gozar do traballo, das achegas e das vidas das científicas e dos científicos mergullándonos nos libros. Cada libro é unha viaxe interestelar á mente doutras persoas, ás súas aventuras, penas e alegrías. Nas nosas bibliotecas podemos gozar sen límite con relatos abraiantes sobre o funcionamento do cerebro, a vida das abellas ou a construción dun aeroplano. Cada libro é unha xoia capaz de alimentar e de estimular a mente. E ademais podemos gozalos na nosa lingua, en galego, porque a ciencia fala todos os idiomas, pode emocionar todas as mentes….”

Xurxo Mariño Alfonso

31 oct 2020

LENDO ÁS ESCURAS

Coas luces apagadas e coa nosa lanterna, disfrutamos de moitos contos e tamén de historias creadas por nós para un Samaín terroríficamente divertido!!!!!

27 oct 2020

HORA DE LER ÁS ESCURAS

Os vindeiros 28, 29 e 30 de outubro faremos a Hora de Ler ás escuras.

Trae a túa lanterna para alumear o teu libro!!!

Será terroríficamente divertido!!!!


25 oct 2020

LECTURAS DE MEDO

Achégase a semana máis terrorífica do ano: 

O  SAMAÍN

Se de medo queres tremer, escolle ben o que vas ler!!!

Lecturas para pasalo de... medoooo!!!!!!