29 ene 2013

VISITA DE MARÍA MENÉNDEZ-PONTE


O venres 25 recibimos a visita de
MARÍA MENÉNDEZ-PONTE
 

O alumnado de 1º e 2º disfrutou dunha sesión moi amena na que a autora falou de PUPI ,o extraterrestre que vive no planeta Azulón,a súa chegada á Terra,os seus amig@s,...


Respondeu ás  preguntas que lle fixeron @s alumn@s  e a sesión  rematou coa firma de exemplares dos seus  libros.
Moitas grazas !!!!!!!!!!!!


26 ene 2013

UNHA ESCRITORA DE L.I.X. NA ACADEMIA

                                         
 
Reproducimos a nova como aparece publicada na Rede de Lectura e Asesoría de Bibliotecas Escolares.
 
A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,  escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
 
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!

15 ene 2013

LECTURAS PARA "A PAZ"

Estas son algunhas das Lecturas que recomendamos para a Paz e que podedes atopar en Exposición na Biblioteca.

INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA



2º E 3º CICLO DE PRIMARIA


11 ene 2013

"DÍA DA PAZ" : RECURSOS

O día 30 de Xaneiro celebramos o
 Día Escolar pola Paz e a Non Violencia en conmemoración da morte de Gandhi.
 
Nas seguintes ligazóns atoparedes información, actividades, recursos e materiais diversos  para traballar  o tema nas aulas.
 
SEMINARIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA A PAZ



ACTILUDIS


WEB DE NORBERTO



PALABRAS AMIGAS

DOSLOURDES

RECOMPILACIÓN DA BIBLIOTECA
"VÍCTOR SÁENZ"
 

RECOMPILACIÓN DA BIBLIOTECA
"OUTEIRO DE MATILDA"


RECOMPILACIÓN DA BIBLIOTECA
"O RECANTO DE MIK"


LIM 

Wangari e as árbores da Paz"
Belén Junquera
 

"Paz"
Ana Martínez Rey


 "La paloma Mari Paz"
Ana Martínez Rey

 
 
" Paz"
Belén Junquera

7 ene 2013

CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA 2013

Ao longo deste ano terán lugar diversos aniversarios significativos para a Literatura Galega e Conmemoracións habituais arredor
 do Libro e da Lectura.
O  Día das Letras Galegas, adicado ao dramaturgo ROBERTO VIDAL BOLAÑO.

3 ene 2013

O LIBRO DOS REIS MAGOS

Para que os Reis Magos, que chegan a Galicia cansos da súa viaxe e sen tempo para preparar unha alocución, poidan dirixirse aos nenos e nenas en galego, a Rede de Dinamización Lingüística preparou este libro de fermosos discursos redactados por 26 escritoras que se poden ler tal cal ou adaptarse ao gusto de cadaquén e con fermosas ilustracións de Marina Seoane.
Podes descargalo premendo na imaxe.