31 ene 2016

MANDADIÑOS DO MECO

Xa chegou o Entroido!!!!
Neste ano viaxeiro imos ver o que manda o Meco para esta semana.
Non esquezades que este ano son mandatos sumativos,  hai que traer o de atrás e......

30 ene 2016

DÍA DA PAZ NO SEIS

Durante esta semana estivemos realizando diversas actividades para conmemorar o Día da Paz: investigamos   sobre a paz, pintamos e recortamos as nosos colgantes, murais, mensaxes, debuxos, lecturas, contacontos, ... e  escribimos as nosas receitas.
O venres 29, por grupos, xuntámonos no ximnasio, e representantes dos distintos niveis foron lendo as súas Receitas para a Paz.
Receitas  diversas: empanada, caldo, tarta, pastel, .....ingredientes como amor, respecto, apertas, bicos, sorrisos, solidariedade,...
Con todas elas montamos o Libro da Paz, que pasará a formar parte dos fondos da biblioteca.
Unha vez rematadas as lecturas, todos xuntos cantamos o poema de Xosé Neira Vilas "Cantarela dos nenos".

24 ene 2016

RECURSOS PARA TRABALLAR A PAZ

Como cada ano, dende 1964, o vindeiro 30 de xaneiro conmemórase o Día Escolar da Non Violencia e da Paz, coincidindo co aniversario da morte de Gandhi.

O obxectivo deste día é resaltar a importancia da educación para fomentar valores como a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.

Esta semana xa escomenzamos a traballar na realización de diversas actividades que terán como punto final un acto o venres 29 para conmemorar esta data.

No symbaloo de Belén Junquera atoparedes diferentes recursos (unidades didácticas, xogos, contos, ....) para traballar o tema.
Máis recursos na seguinte ligazón

23 ene 2016

LECTURAS PARA A PAZ

Para reflexionar sobre este tema, presentamos unha selección de libros e Lecturas para a Paz, que temos en exposición na biblioteca.
Son historias de amizade, solidaridade, de convivencia, de respeto,......

17 ene 2016

CANCIÓN PARA O DÍA DA PAZ

Esta é a canción que escollemos para a conmemoración do Día da Paz.
A letra é un fermoso poema de Xosé Neira Vilas, "Cantarela dos nenos"
Deixamos a presentación que fixo o Ceip Praza de Barcelos coa letra para aprendela.


6 ene 2016

CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA 2016

Desde a Subdirección Xeral de Bibliotecas, da Secretaría Xeral de Cultura (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria), edítase un cartel co Calendario do Libro e da Lectura para o ano 2016, no que se lembran algunhas das datas máis relevantes neste ámbito para o ano que comeza. A ilustración é de Tania Solla.