Con motivo do mes da ciencia en galego adicado este ano a astronomía e a figuras como Galileo e Enrique Vidal Abascal, o alumnado de 4º e 6º de Primaria participaron nun obradoiro de programación con Scratch.
30 nov 2024
OBRADOIRO DE PROGRAMACIÓN: SIMULACIÓN DOS MOVEMENTOS DA TERRA E DA LÚA
29 nov 2024
PROGRAMA DE RADIO: PATRIMONIO, CIENCIA E 25 N
O patrimonio, o mes da ciencia e o 25N son os protagonistas do terceiro programa da Radio do Seis.
A clase de 5ºC preparou
un programa con información sobre estas conmemoracións.
Desfrutade desta nova entrega!!!
25 nov 2024
COUSTEAU. DESCUBRIDOR DOS MARES
Na clase de 6º de Edº Infantil B, continúan coa investigación sobre os mares. Facendo preguntas como: Quen os descubriu? Como sabemos que existe vida neles?
Dende a biblioteca proporcionaron o libro “Genios de la ciencia. Cousteau. El
descubridor de los mares”, Ed. Vegueta, que permitiu dar resposta a estas
preguntas.
Leron o conto, falaron sobre os seus
inventos e a súa repercusión. Visitaron algunhas páxinas como o National
Geographic para completar os seus coñecementos e para rexistralos completaron
unha infografía cos datos máis representativos deste científico.
21 nov 2024
OBRADOIRO: ALFABETIZACIÓN OCEÁNICA
O mércores 20 de novembro o alumnado de terceiro e cuarto de Primaria participou no obradoiro de "Alfabetización oceánica. Coñecer para conservar", organizado polo Centro de Investigación Mariña e o Campus do Mar da Universidade de Vigo.
A través de diferentes estacións de traballo manipulativo, puideron coñecer as características principais dos nosos océanos, investigar sobre os ecosistemas mariños e os animais que neles habitan, traballar con lupas electrónicas, afondar no coñecemento dos seres mariños grazas a microscopia e tamén recoñecer a importancia de manter as praias limpas (peneirando e clasificando os residuos que podemos atopar nelas).
Pasárono xenial e aprenderon unha chea de cousas. Moitas grazas Yolanda por este obradoiro!!!
19 nov 2024
O PRESTIGE
Un 13 de novembro de 2002, vertéronse nas costas galegas 77 mil toneladas de petróleo. Unha catástrofe natural coma esta ten que recordarse para que non volva suceder, por iso, o alumnado de 6º de Edº Infantil B traballaron na aula sobre o tema: falaron e lembraron o que aconteceu co Prestige, para despois, nunha especie de “Libriño acordeón”, crear a súa versión do acontecido, a través do debuxo e da narrativa.
Ademais exploraron a viscosidade do
chapapote, e aproveitando que estamos no mes da ciencia, recordamos que necesitamos
para “crear” este fluido non newtoniano: maicena, auga e cor negra para asemellar
ao chapapote.
Tamén leron o conto “¡Nunca máis! A ollada
da infancia". Ed. Kalandraka.
5 nov 2024
NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO
“Toda sociedade precisa coñecer e interpretar o mundo para desenvolverse nel de forma satisfactoria. A ciencia é un xeito especial de coñecemento do mundo que se desenvolveu en Occidente desde o Renacemento e eclosiona coa Modernidade nos séculos XIX e XX. É responsable do noso progreso tecnolóxico e industrial, pero tamén foi da man do complexo tecno-militar desde o século XVI, da consolidación do capitalismo e da expansión colonial europea. Toda esta historia está reflectida nas bibliotecas e fan que debamos volver a elas continuamente. Tamén está reflectida na tradición oral, nos hábitos e na cultura material”.
Felipe Criado-Boado
Desde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en colaboración coa Consellería de Educación, Ciencia, Formación Profesional e Universidades, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.
Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a
modo de MANIFESTO, de Felipe Criado-Boado, arqueólogo e director do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC. Foi
premio nacional de investigación 2023.
O manifesto para
este ano 2024, abrirá moitas rutas de traballo e investigación coas que poder
sementar e degustar a ciencia nas nosas bibliotecas escolares.
Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais, relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogs de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc.
FOLLETO INFORMATIVO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS
MATERIAIS: MES
DA CIENCIA EN GALEGO
18 abr 2024
OBRADOIROS BIBLIOTECA CREATIVA
Os obradoiros de Biblioteca Creativa estiveron enmarcados no PDI de centro “OSEISMEDIA”.
O mércores 11 e o 17 de abril, o
alumnado de Edº Infantil, 4º, 5º e 6º de Primaria, desfrutaron e aprenderon con
Arenaria Coordinación, con actividades de carácter científico sobre cine e fotografía.
Nestas sesións os cativos e cativas
achegáronse:
Ao mundo das imaxes microscópicas
tentando identificar que imaxe pertencía a cada obxecto (plátano, polvo, corais…).
A experimentación con imaxes en
movemento (taumatropo, flip book…), a descomposición da luz branca en cores…
As imaxes invisibles ao ollo humano,
pero que grazas as reaccións químicas e as lanternas fan visibles os elementos
agochados.
Ao análise de aspectos científicos en
famosas películas como as de Indiana Jones, Start Wars, Interestelar…
A creación de animación a través da
linguaxe de programación.
Luz, cores, prismas, cianotipia,
caleidoscopios, imaxes en movemento, revelado mediante reaccións químicas,
fotografía científica…
Moitas grazas María e Yolanda por espertar a nosa curiosidade!!!
13 abr 2024
VIAXE AO CEREBRO HUMANO CON PAULA RIVAS
No mes do libro continuamos coas visitas de autores e autoras na nosa biblioteca. Nesta ocasión, o venres 12, contamos coa presenza da escritora e neurocientífica Paula Rivas que conversou co alumnado de 3ºA sobre “A incrible viaxe de Antía ao cerebro humano”.
É un libro de contidos científicos para
aprender gozando da lectura. Durante unha excursión a un instituto de investigación
en neurociencia, a protagonista desta historia pérdese dos seus compañeiros e
coñece uns ratiños científicos que lle explican como funcionan o cerebro e o
sistema nervioso, e tamén que son as neuronas e como percibimos as cousas a
través dos sentidos. Pouco a pouco, Antía vai descubrindo que detrás dos
ratiños hai nomes de científicos famosos (Santiago Ramón y Cajal, Alois
Alzheimer, James Parkinson e Margarita Salas) e vive unha experiencia
extraordinaria.
Despois da
presentación feita por parte dos nenos e nenas, Paula explicounos curiosidades sobre
o seu traballo e tamén respostou ás preguntas que a cativada tiña preparadas sobre
a lectura. Rematou asinando nos libros.
Grazas Paula pola túa visita!!!
2 mar 2024
BIBLIOLAB: ENTROIDO, CIENCIA E ROSALÍA
No mes de febreiro, as actividades que
se desenvolveron na BiblioLab tiveron como eixo temático o Entroido, muller e
ciencia e a Rosalía.
Taboleiro
para Tale-Bot
Xogo de robótica con personaxes do
Entroido Tradicional Galego.
Investigo na miña biblioteca
Investigamos sobre un personaxe do
entroido vigués, O Merdeiro, e completamos a ficha empregando a tableta e os documentos
impresos.
Entroido
Galego
Seleccionamos e decoramos as máscaras do
Entroido Tradicional Galego.
Decoramos
un cartel coa figura de Rosalía de Castro
Xogo
de cartas
Xogo
de cartas sobre mulleres científicas.
Memory
Memory
para atopar parellas de científicas.
Xogo:
Quen é ela?
Facemos preguntas e tratamos de adiviñar
a científica elexida polo noso rival.
27 feb 2024
CHARLAS CON ARENARIA
O 19 e 20 de febreiro, Arenaria Coordinación realizou, en diferentes sesións, charlas para todo o alumnado do centro co gallo da celebración do “Día da Muller e da Nena na ciencia”.
A tematica centrouse nas mulleres científicas ao longo da historia e os
seus descubrimentos, coñecemos as aportacións de Jane Goodall, Marie Curie, Angeles Alvariño e
Margarita Salas.
Foron varios e distintos os experimentos que realizaron en función das
idades ás que estaban dirixidos: comparación da pedra e o papel, o globo con
auga e como detectar se un producto é ácido ou unha base...
Foron dúas xornadas moi interesantes e amenas nas que aprendimos doutra maneira diferente!!!
11 feb 2024
11F: DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
O Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia foi proclamado no 2015 pola ONU para recoñecer o rol que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e na tecnoloxía. A finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa das mulleres e as nenas na ciencia ademais de lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas.
A iniciativa 11 de Febreiro promove a realización
de actividades para visibilizar
o traballo das mulleres que se adican ás áreas STEAM, creando así referentes
femininos que poidan contribuir á elección destas áreas como carreiras
profesionais.
Céntrase no papel das mulleres, nenas e a ciencia en relación aos Obxectivos ODS, incluidos na Axenda 2030.
Máis información sobre o tema en:
· Mulleres de ciencia en Galicia
Para conmemorar esta data, ao longo deste mes temos varias actividades:
2 dic 2023
MES DA CIENCIA NA BIBLIOLAB
Co gallo do Mes da Ciencia desenvolvéronse na BiblioLab diversas actividades de ámbito científico así como unha selección de lecturas en galego que estiveron en exposición para traballar e levar ás aulas.
INVESTIGACIÓN co microscopio
DISCO
DE NEWTON
Coloreamos
o disco de Newton poñendo as cores na mesma orde que no exemplo. Pegamos un
contra outro e facemos un buraco para poñer a palliña. O facemos xirar para ver
como, por “arte de maxia”, as cores desaparecen.
LIBROS
DE ILUSIÓNS ÓPTICAS
Mirando
a través das lupas de cores verás cousas que non se ven a simple vista.
Descubrirás cousas sobre o noso corpo, a natureza, os dinosaurios ou o fondo do
mar.
LÁMPADA
DE SOMBRAS
Cos
tubos facemos lámpadas de aumento de sombras ou dos nosos debuxos.
VOCABULARIO científico co escornabot
Xogo de parellas de imaxes relacionadas coa ciencia e os seus nomes.
ALEXANDER FLEMING
Información e actividades para coñecer a este científico a quen se lle adica o mes da ciencia este ano.
Busqueda nas tabletas da información para completar as fichas
de investigación.
GLOBOS
ALTOFALANTES
Enchemos
o globo de aire, despois mantémolo preto da orella e dámoslle pequenos golpes
co dedo para comprobar se escoitamos os sons e as vibracións.
PINTURA
LUMINISCENTE
Despois
de facer debuxo libre coa pintura luminiscente apagamos as luces para ver como
se iluminan na escuridade.
LIBROS informativos sobre ciencia e experimentos