28 jun 2011

LECTURAS PARA O VERÁN

   Chegan as vacacións, é tempo para descansar,xogar,viaxar,...pero tamén para ler.

   Como todos os cursos suxerimos títulos para que poidades  ler no verán.
  Tamén podedes atopar lecturas para o tempo de lecer neste enlace www.sol-e.com
Bo verán e Felices Lecturas!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

EDUCACIÓN INFANTIL
 
TÍTULO: "O PASEO DE ROSALIA"
AUTORA: Pat Hutchins
EDITORIAL: Kalandraka







TITULO: "El libro"
Autor: Hervé TULLET
EDITORIAL: Kokinos


1º CICLO PRIMARIA


Titulo: "PARA FACER O RETRATO DUN PAXARO "
        Autor: Jacques PrèverT
      Editorial: Factoria K de libros.




Título: "A PRINCESA SABELA"
 Autora: Cornelia Funke. 
 Editorial: Xerais.




2º e 3º CICLO DE PRIMARIA


 Título: "MI VECINO DE ABAJO"           
Autor: Daniel Nesquens
Editorial: Sm







Título:"NOAH  BARLEYWATER  ESCAPA DA CASA"                 
Autor: John Boyne
 Editorial:Factoria K de libros


               

12 jun 2011

CALENDARIO DE REFRÁNS POPULARES.

     Este curso o tema que traballamos no cole é XOGOS,CANTIGAS E CONTOS POPULARES. Durante todo o curso, as actividades que se realizaron no centro xiraron en torno e este tema.
Dende a biblioteca plantexamos a Unidade Didáctica:
"Literatura galega de tradición oral", centrada nos Contos, Lendas, Refráns, Adiviñas, de maneira que cada ciclo especializouse nun xenero literario diferente.

En Educación Infantil fixemos un Calendario dos meses do ano cos Refráns Populares.




9 jun 2011

ANIMACIÓN Á LECTURA

   O mércores 8 de Xuño recibimos a visita de David Braña,pai de Valentina,alumna de educación infantil,que nos contou o conto "Yito y Grima",escrito por el e ilustrado por Nuria Braña e adicado a súa filla.


 Yito é un raio de sol e Grima é unha lágrima da lúa.Ambos caen un día na terra e xuntos comenzan a búsqueda dos seus pais que os levan a vivir unha increible aventura e que os converte en grandes amigos.


Este é o enlace  a web: http://yitoygrima.blogspot.com/

Educación Infantil 3 anos

   Educación Infantil 4 anos


Educación Infantil 5 anos