17 jun 2020

GUÍA DE LECTURAS PARA O VERÁN


Xa estamos rematando o curso e aquí vos deixamos as nosas Recomendacións Lectoras para que disfrutedes durante o verán.
Hai novidades, poesía, cómic, etc... e libros para compartir en familia momentos ao redor da lectura. 

Merca nas librarías da zona!!!Boas lecturas!!!

11 jun 2020

8 jun 2020

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS


Hoxe celebramos o Día Mundial dos Océanos. O obxectivo é recordar o papel dos océanos na nosa vida cotiá, as accións para protexer o océano e utilizar os recursos mariños dunha maneira sostible.
Os océanos, verdadeiros pulmóns do planeta, son unha fonte importante de alimentos e mediciñas e unha parte esencial da biosfera .
Video sobre a importancia dos océanos
O lema deste ano 2020 é “Innovación para un océano sostible”.
Os residuos e o lixo, fundamentalmente plásticos, que circulan polas superficies e que son arrastrados as súas profundidades están a ocasionar un impacto sobre os ecosistemas mariños, a fauna e sobre a nosa propia vida.
Sogama coa súa campaña “Rumbo a toda vela cara á sostibilidade dos océanos”  fai unha reflexión e recolle datos sobre os efectos da acción humana sobre eles.
(Preme na imaxe)
-Nos últimos 40 anos, a cantidade de lixo mariño -só na capa superficial- aumentou en máis dun 100%.
-O plástico representa  entre o 60 e 90% de todos os refugallos mariños, coa particulariedade de que este material tarda máis de 400 anos en descompoñerse no medio mariño.
-Calcúlase que 13 millóns de toneladas de residuos plásticos acaban nos océanos cada ano, cifra que equivale a verter no mar un camión de lixo cheo de plástico cada minuto. O 85% do lixo marítimo ten a súa orixe en terra.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS
(Preme nas imaxes)
PLASTICUS MARITIMUS. Unha especie invasora
 Escrito por Ana Pégo e Isabel Minhós Martíns. 
Ed. Kalandraka

É unha fermosa guía de campo para concienciar sobre a contaminación por plástico e sensibilizar para un uso racional do mesmo
XELÍS, O GUIEIRO DAS BOTELLAS DE MAR 
Escrito por Rosa Aneiros, ilustrado por Andrés Meixide, Premio Merlín de Literatura Infantil 2019. Ed. Xerais. 
Unha aventura para poder salvar os océanos, na que os personaxes emprenderán a dura tarefa de atrapar a illa de plásticos para evitar a desfeita ecolóxica do planeta.
O LIBRO DOS OCÉANOS 
Escrito por Esther Gonstalla. Catroventos Editora.
Un retrato detallado que nos permite comprender mellor as relacións que existen entre a actividade humana e os cambios que sofre o mar, un retrato que, alén de convidar á reflexión, se converte nun recurso para a acción.
INVENTARIO ILUSTRADO DOS MARES 
Escrito por Virginie Aladjidi. Ed. Kalandraka
Unha guía da rica biodiversidade mariña que reúne un centenar de animais e plantas, algúns en perigo de extinción.