Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas 2017. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas 2017. Mostrar todas las entradas

26 may 2017

CARLOS CASARES

O próximo 3 de xuño a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Vigo organiza o Paseo Literario Carlos Casares.
A Fundación Carlos Casares organiza na Casa Galega da Cultura a exposición didáctica "O Principiño ao redor do mundo. A colección de Carlos Casares", que remata este domingo 28 de maio.
Esta exposición forma parte da colección privada do escritor que, dende principios dos anos 70, comezou a traducir a mencionada obra ao galego para a editorial Galaxia.

Recolle máis de 100 edicións do libro de Saint-Exupéry, en máis de 60 idiomas e dialectos do mundo

Conta tamén con catro paneis centrados na biografía do autor, nunha descrición e análise da novela, da experiencia vital de Carlos Casares e da súa obra infantil.

22 may 2017

LETRAS GALEGAS 2017

Na Semana das Letras Galegas, estivemos realizando diversas actividades sobre o autor homenaxeado Carlos Casares.
Para achegarnos a súa vida e obra proporcionamos diversos recursos para que o profesorado poidera traballalo nas aulas.
Confeccionamos un díptico sobre o autor que se entregou ás familias.
Fixemos murais, debuxos dos seus contos, caricaturas, actividades en liña,....
Exposición e lectura dos libros de Carlos Casares.
Actividades diversas sobre "A galiña azul": debuxos, manualidade,... e un quebracabezas (cada aula decorou  a súa peza con materiais plásticos distintos ).


Lemos os carteis do Ceip Plurilingüe Anxo da Garda que estan expostos polos corredores do cole.

3 may 2017

CARLOS CASARES, LETRAS GALEGAS 2017

 Selección de recursos para achegarnos á vida e obra de Carlos Casares

Fundación Carlos Casares
Seminario Galán
Secretaría Xeral de Política Lingüística
Real Academia Galega: "Primavera das Letras"
Páxina da Asociación de Escritoras e Escritores 
en Lingua Galega(AELG)
Liña do tempo de Carlos Casares
  Ceip Condesa de Fenosa
EN PICTOGRAMAS
Biografía de Carlos Casares 
A Galiña Azul 

Lolo anda en bicicleta 

2 may 2017

ANIMACIÓN LECTORA CO BARDO ABELARDO

O xoves 27 de abril Servando Barreiro fixo unha animación á lectura para o alumnado de terceiro e cuarto .
Servando (O Bardo Abelardo) fai unha adaptación das obras "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas" e "A galiña azul" para achegarnos á figura de Carlos Casares.
Escomenzou cunha presentación da vida e obra de Carlos Casares e despois intercalou contos (a historia de Leoncio, o inventor da bomba da Felicidade,... e outras ) con  cantigas nas que participou o alumnado facendo que pasaramos un rato moi divertido!!! Grazas!!!

26 mar 2017

PRIMAVERA DAS LETRAS

A Real Academia Galega acaba de poñer en marcha a segunda edición do proxecto web Primavera das Letras, unha iniciativa coa que pretende fornecer a comunidade educativa de infantil e primaria de recursos didácticos e lúdicos arredor do protagonista do Día das Letras Galegas de cada ano. Co propósito de que todos os potenciais usuarios e usuarias poidan coñecer esta ferramenta.

Carlos Casares, o escritor que será homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2017, e o seu universo vital e literario son o eixe das propostas didácticas deste ano. Un dos obxectivos de Primavera das Letras é promover que a aprendizaxe arredor desta celebración non se limite aos días previos ao 17 de maio. Deste xeito, desde finais do mes de febreiro estanse a publicar novas fichas didácticas e contidos interactivos.

A web da Academia, academia.gal, recolle na sección Letras Galegas un percorrido biográfico e imaxes da vida de Carlos Casares, e tamén ofrecerá durante estes meses reportaxes e entrevistas sobre a figura homenaxeada.

Fonte:RAG