A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemora un ano máis o DÍA DE ROSALÍA.
Para o 23 de febreiro, data do aniversario do nacemento da
autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle cun libro en galego e
cunha flor ás amizades e persoas queridas.
Nesta edición de 2025 Marga Do Val é a persoa encargada da
redacción do Manifesto da AELG, que será lido no acto central do Día de Rosalía de
Castro, o sábado 22 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en
Santiago de Compostela. O texto será tamén lido en todos os actos
promovidos pola AELG, así como nos organizados por outras entidades que se
sumen ás propostas de concellos, asociacións e centros de ensino.
O lema escollido para este 2025 é:
Saúde e Terra!
"Saúde e forza, para reclamarmos o dereito de vivirmos en galego, para
sermos Galiza, esa palabra que nos sinala.
Cantarte hei Galiza, na lingua galega, que así mo pediron, que así mo
mandaron.
Saúde, para a lingua pola que somos e seremos na terra que camiñamos, cuberta de palabras en todas as estacións do ano, de herbas e flores, de ventos que zoan cantigas e ríos e regatos pequenos, fervedoiros de arte a remexer pelouros... Palabras que nadan mares e bican cons, furnas e puntas sinaladas..."
FONTE:AELG
No hay comentarios:
Publicar un comentario