O pasado mércores 12 de febreiro, o alumnado de 3º de Primaria asistiu a un obradoiro da man de Suso o cesteiro.
Tivemos a ocasión de aprender como se fai un cesto de vimbio dende cero. Quedamos abraiados das poucas ferramentas que se necesitan para facelo e comprobar con gusto que se parece moito a técnica á que utilizamos nós para facer as nosas primeiras cestas de cartolina.
Unha vez que Suso tiña avanzado o traballo, puidemos participar na elaboración da cesta que se estaba facendo. Encatounos a experiencia!!! Moitas grazas Suso!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario