No mes de Xaneiro, as actividades que se desenvolveron na BiblioLab tiveron como eixo temático a olería e a cerámica.
AMASA A MASA
Fixemos bolas e churros para completar os debuxos
propostos.
OLERÍA
TRADICIONAL: BUÑO
Texto
informativo con preguntas relacionadas. Tentamos facer un botixo de rosca con plastilina.
PORCELANA DE
SARGADELOS
Vimos un vídeo informativo con actividades para buscar erros. Decoramos pratos ao estilo de Sargadelos.
Coñecemos a Xosé Vizoso, a quen se lle adicou o Día da Ilustración deste ano 2025 e que foi deseñador e ceramista de Sargadelos.
SÍMBOLO DA
PAZ
Modelamos un símbolo
da Paz con barro.
ROBÓTICA
Xogamos con imaxes
de amuletos de Sargadelos facendo parellas e aprendemos os seus nomes e
características.
FERRAMENTAS
Aprendemos a utilidade
dalgunhas ferramentas para cerámica e practicamos con elas.
TÉCNICAS
Buscamos no
libro “A maxia da cerámica” as técnicas máis comúns de traballo coa cerámica
(modelado, churros, baleirado e placas) e practicamos con plastilina.
SPEED
CUPS
Desfrutamos con este xogo de mesa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario