Mostrando entradas con la etiqueta Plan Proxecta 2022/2023. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Plan Proxecta 2022/2023. Mostrar todas las entradas

16 jun 2023

PLAN PROXECTA +. VISITA DA CRUZ VERMELLA

Como broche final do Plan PROXECTA+: Aprendo programando no Seis o alumnado de 6º recibiron a visita de Daniel e Teresa integrantes da ONG Cruz Vermella


Nesta visita estiveron falando da súa labor cos REFUXIADOS, traballando estes conceptos e outros relacionados a través dunha dinámica de grupo e finalmente visualizando uns vídeos testemuño dalgunhas persoas refuxiadas.


Grazas a esta visita o alumnado puido comprobar como o traballado ao longo do curso é real e existen casos de refuxiados que viven preto de nós.

5 jun 2023

PLAN PROXECTA +. NARRATIVA DIXITAL SOBRE OS REFUXIADOS

Nesta última fase do Plan PROXECTA+: Aprendo programando no Seis o alumnado de 6ºEP deseñou e creou un programa en Scratch para presentar a información da súa investigación sobre os REFUXIADOS.

En primeiro lugar planificaron o storyboard da súa narrativa dixital, pensando ben cales ían ser os fondos, personaxes e textos. 


Unha vez co borrador e as ideas claras chegou a quenda de programar en Scratch para facer realidade os seus proxectos.



A continuación podedes acceder ao estudio de Scratch onde atoparedes os proxectos creados:


 https://scratch.mit.edu/studios/33460479


30 abr 2023

PLAN PROXECTA +. INVESTIGAMOS SOBRE OS REFUXIADOS

Nas últimas semanas o alumnado de 6ºEP estivo investigando por grupos sobre os REFUXIADOS co fin de dar resposta ás preguntas que se fixeron na choiva de ideas inicial.

Cada grupo investigou sobre unha pregunta que plasmou nun cartel e con posterioridade expuxo ante os seus compañeiros/as; así tras a exposición de todas elas compúxose o quebracabezas que formaba esta fase de investigación.



Agora atopámonos nunha fase máis creativa que pronto compartiremos con vós.


6 abr 2023

PLAN PROXECTA +. CONTOS SEN FADAS E OUTRAS HISTORIAS

Continuando coas actividades do Plan PROXECTA+ Aprendo programando no Seis. Nas últimas semanas o alumnado de 6º de Primaria estivo coñecendo diferentes historias sobre os refuxiados para así aumentar os seus coñecementos sobre este tema.


Esta actividade puidémola realizar grazas a colaboración da biblioteca do centro que nos facilitou material para o proxecto e as titoras de sexto que traballaron o pensamento crítico a través da lectura dos contos e visualización dalgúns cortos creados por UNICEF titulados Contos sen fadas na que nenos/nenas refuxiados comparten como foron as súas viaxes.

31 mar 2023

PROXECTA +: AS AVES EMIGRAN

Dentro das actividades que este ano estamos a realizar no Plan PROXECTA+ Aprendo programando no Seis, o alumnado de 6º tivo a oportunidade de introducirse no mundo da NARRATIVA DIXITAL, é dicir, da creación/reprodución de historias a través de ferramentas dixitais (Scratch).

 

Tras observar algúns exemplos de este tipo de narrativas, animámonos co poema As aves emigran de Leire Bilbao recollido no libro Poemas bestas e outros bechos, que compara a viaxe das aves co das persoas refuxiadas. O alumnado escolleu os fondos e protagonistas do poema facendo uso de diferentes bancos de imaxes con licencias libres de dereitos e despois programou os textos e os movementos e transicións dos fondos.

 


Premendo no seguinte enlace podedes acceder a algúns dos traballos creados:

 https://scratch.mit.edu/studios/33135787

6 feb 2023

PROXECTA +. COMEZAMOS A TRABALLAR SOBRE OS REFUXIADOS

Dentro das actividades que este ano estamos a desenvolver a través do Plan PROXECTA+: Aprendo programando no Seis e, con motivo da conmemoración do día da Paz, neste mes de xaneiro, o alumnado de 6º de Primaria iniciou nestas datas unha investigación sobre os REFUXIADOS a través da metodoloxía por proxectos. 


Se premedes nas seguintes fotos podedes observar cales foron os primeiros pasos que deron reflexionando sobre que saben, que queren saber, onde poden atopar a información...



12 ene 2023

PLAN PROXECTA+. PRIMEIROS PASOS EN SCRATCH

Durante o primeiro trimestre, o alumnado de 6º de Primaria, utilizando como fío condutor o libro, “Hola Ruby: la aventura de programar” de Linda Liukas, foise mergullando no mundo da programación e, a súa vez, dando os seus primeiros pasos no programa Scratch, aprendendo a animar personaxes con texto, movementos programados e aleatorios, cambiar a aparencia de personaxes e fondos, incluir sons e incluso crear pequenos programas de debuxo e xogos de persecución.

No seguinte vídeo podedes ver algúns exemplos do traballo que realizaron.



4 nov 2022

SCRATCH POLO SAMAÍN

Nestes días de Samaín dende Proxecta, o alumnado de 6º de Primaria, seguiu aprendendo a programar en Scratch mergullándose nesa temática. Para iso, escollemos como personaxe típico da época, un morcego e, como fondos, aqueles máis tenebrosos que atopamos no programa (a casa dunha meiga, un castelo encantado, un bosque tenebroso, a escura noite...).

Despois puxémonos a programar e, igual que o Doutor Frankenstein, conseguimos darlle vida ao noso morcego facendo que se movese de arriba a abaixo e de esquerda a dereita. Incluso nos deu tempo de por en práctica aprendizaxes de actividades anteriores e algúns dos morcegos chegaron a felicitarnos o Samaín.

6 oct 2022

Plan PROXECTA+. “Aprendo programando no Seis”

Neste curso 2022/23 o alumnado de 6º EP vai participar no Plan PROXECTA+: “Aprendo programando no Seis” con fin de desenvolver o pensamento computacional a través do deseño de contidos dixitais utilizando o programa Scratch, mentres que desenvolven habilidades comunicativas, de busca e selección de información, de traballo en equipo, de análise e pensamento crítico...

As primeiras sesións estiveron destinadas ao traballo do pensamento computacional desenchufado co cal se iniciaron na programación de robots a través do xogo Cody Roby (podedes descargalo aquí) e da programación de instrucións de tarefas da vida diaria.