O luns 24 de febreiro recibimos a visita de Uxía Cid, nai do centro que se adica ao mundo da ilustración e da artesanía.
Aproveitando que estamos na semana
do Entroido falounos de como debuxa e ilustra as máscaras. Nesta
ocasión, explicounos o proceso creativo da máscara dos FELOS, os materiais que
se empregan e os artesáns que interveñen na súa elaboración.
Proporcionounos moita información sobre os Felos, a
súa localización, vestimenta, que fan nos días de entroido...
O alumnado de 5º de Edº Infantil, 2º e 4º de Primaria
desfrutaron con esta experiencia. Moitas grazas pola túa visita!!!
Posteriormente, o alumnado
debuxo e pintou as súas máscaras de Felo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario