Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas 2019. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas 2019. Mostrar todas las entradas

28 may 2019

VI QUEDADA LITERARIA


Por segundo ano participamos nesta actividade, que se celebrou o 27 de maio no Parque de Castrelos, xunto con outros doce centros de Vigo e un de Porriño, o Ceip de Ribeira: 

Ceip O Rocío-Ceip Castelao- Ceip Carrasqueira-Ceip Emilia Pardo Bazán-Ceip Doutor Fleming-Ceip O Pombal-Ceip Chans Bembrive-Ceip Eduardo Pondal-Ceip Frián-Teis-Ceip Ría de Vigo-EEI Rúa Aragón-IES Santo Tomé.

Contamos coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo e a Biblioteca Xosé Neira Vilas.
Os protagonistas da xornada foron os nenos e nenas e os libros.
Educación infantil de catro anos disfrutaron de contacontos a cargo do alumnado dos clubs de lectura do Instituto Santo Tomé.

O alumnado de terceiro, dividido en dous grupos, fixo unha actividade de lectura compartida co Ceip Carrasqueira,  Ceip O Pombal e Ceip Frián-Teis, cos que intercambiaron marcapáxinas e disfrutamos de momentos de lectura, merenda e charla.
O peche á xornada púxoo Bea Campos, co espectáculo “A tropa do Doutor Milagre” cheo de música, baile, xogo, comedia e diversión. Rematamos cantando todos xuntos "O libro máxico" de Migallas. Foi unha experiencia maravillosa!!!

21 may 2019

CARTEIS E PROGRAMA MES DAS LETRAS


Na semana do 14 de maio iniciamos as actividades relacionadas coas Letras Galegas e a figura de Antón Fraguas que se desenvolverán ao longo deste mes.
Coñecemos o autor homenaxeado, Antón Fraguas, a través da exposición dos carteis que elaboramos para o concurso das Letras Galegas e que están expostos no vestíbulo do centro. Van acompañados dunha guía de actividades.
Todos os carteis comenzan coa melodía dun CANTAR DE CEGO. 
Na parte esquerda están impresos PICTOGRAMAS que se corresponden coas dúas estrofas de catro versos para o alumnado de necesidades de apoio específico educativo con dificultades cognitivas, de aprendizaxe da lectoescritura ou sen comunicación oral. Son pictogramas de Arasaac.
Hai un código QR coas actividades suxeridas para cada cartel.
Na parte dereita hai outro código QR para que as persoas cegas, dun xeito auditivo, poidan saber o que hai en cada cartel.
No rectángulo verde están as dúas estrofas en BRAILLE, para que o alumnado con dificultades de visión poida coñecer a vida e obra de Antón Fraguas a través dos dez carteis.


PROGRAMA DE ACTIVIDADES
-Participación no CORRELINGUA, 14 de maio.
-Actuación do grupo OVIRAVAI, 15 de maio.
-OBRADOIROS: carpinteiro, cesteiro, oleira, fiadeira, palilleiras.
-Visita de Rosalía e Antón Fraguas, 22 de maio.
-Charla exposición sobre o TRAXE GALEGO.
-EXPOSICIÓN ETNOGRÁFICA, cos materiais aportados polas familias.

-LECTURAS COMPARTIDAS, co Cep Celso Emilio, 24 de maio.
-VI QUEDADA LITERARIA, con outros centros de Vigo, 27 de maio.

20 may 2019

CORRRELINGUA 2019

 O 14 de maio participamos con outros centros de Vigo no Correlingua co lema "O GALEGO É A FÓRMULA".
O percorrido iniciouse na Praza do Rei e o alumnado de terceiro de primaria incorporouse na Praza de América para continuar a marcha ata o Parque de Castrelos onde agardaban os máis pequenos de infantil que estaban a disfrutar da actuación de Paco Nogueiras.
A lectura do Manifesto, a entrega de agasallos aos centros gañadores do concurso e a actuación de Cuarta Xusta puxeron o remate dunha xornada en prol da nosa lingua.

7 may 2019

ANTÓN FRAGUAS,LETRAS GALEGAS 2019


ANTÓN FRAGUAS FRAGUAS , historiador, xeógrafo, antropólogo e etnógrafo é o homenaxeado este ano nas Letras Galegas 2019.

Deixamos as seguintes ligazóns con materiais e RECURSOS diversos para achegarnos a súa vida e obra.
(Premer nas imaxes)

PÁXINA NA WEB DA REAL ACADEMIA GALEGA

PRIMAVERA DAS LETRAS


SEMINARIO GALÁN

O PORTAL DA LINGUA

PORTAL DAS PALABRAS
Sete palabras de Antón Fraguas
Seres máxicos do universo Fraguas
MUSEO DO POBO GALEGO
Unidade didáctica 

EN PICTOGRAMAS
Biografía en pictogramas
LECTURAS
Unha viaxe polo universo de Antón Fraguas