Hoxe tivemos a marabillosa oportunidade de coñecer a Berta Dávila, autora do libro "O concurso dos mellores inventos (e outros incribles acontecementos)", unha obra que forma parte do itinerario lector de 6º de Primaria. O libro conseguiu engaiolar ao alumnado coa fascinante posibilidade das viaxes no tempo.
Durante a xuntanza coa autora, descubrimos que a historia do libro está inspirada nunha anécdota real. Ademais, a elección dunha bicicleta como máquina do tempo débese á súa versatilidade e tamén porque é unha das grandes paixóns de Berta.
Quixemos saber se habería unha segunda parte deste libro. Aínda que foi divertido propoñer ideas de continuación e imaxinar incluso unha precuela, Berta explicou que, polo momento, non hai plans para unha segunda parte.
A máquina do tempo do libro proporcionounos moitas oportunidades para imaxinar e compartir con Berta eses tempos e lugares aos que nos gustaría viaxar. Sorprendentemente, descubrimos que a Berta lle gustaría coñecer a vida cotiá na antiga Roma.
Sen dúbida, Berta amosounos o moito que lle gusta escribir e como desfruta dese proceso creativo. A súa paixón é evidente e inspiradora. Grazas pola túa visita, Berta!!!
Viaxando coa máquina do tempo de Biblioteca Seis do Nadal
No hay comentarios:
Publicar un comentario