Este mes de abril, temos unha proposta para as familias: as Mochilas de xogos. Ten como obxectivo fomentar momentos de diversión e aprendizaxe e serán o complemento perfecto para gozar en familia.
Preparamos un total de catro mochilas, cada unha deseñada para diferentes niveis educativos:
- Unha mochila para Educación Infantil
- Tres mochilas para Educación Primaria
Cada mochila contén dous xogos, acompañados das súas respectivas normas de uso. Ademais, para facilitar a comprensión, cada xogo inclúe instrucións detalladas e un código QR que enlaza a un vídeo explicativo.
A partir deste mes de abril e ata finais de maio, as familias interesadas poderán solicitar o préstamo dalgunha das mochilas. O prazo máximo de préstamo será de 15 días.
Para solicitar unha mochila, envía un correo electrónico a bibliotecaseisdonadal@gmail.com, indicando o nome do teu fillo ou filla e o curso correspondente. A asignación das mochilas realizarase por orde de solicitude e rexistrarase co número de carné da biblioteca do alumnado.
Agardamos que estas Mochilas de xogos
traian momentos de diversión e aprendizaxe a todas as familias. Aproveitade
esta oportunidade para compartir e explorar novos desafíos xuntos.
Na seguinte presentación, podedes ver con máis detalle os xogos incluídos en cada mochila.
No hay comentarios:
Publicar un comentario