Este mes de maio, a biblioteca énchese de maxia, cor e imaxinación. As pezas de Lego convértense nas protagonistas dun espectáculo cheo de fantasía.
Converte as túas ideas en arte! Emprega as pezas de Lego para deseñar un mago sobre plano. Podes inspirarte nos magos clásicos, nos personaxes de contos ou inventar o teu propio feiticeiro cheo de maxia e cor.
A colaboración e o traballo en equipo farán posible esta actividade nos recreos. Engade unha nova pegatina á túa folla de retos da biblioteca.
.png)
No hay comentarios:
Publicar un comentario