A clase de 3ºA de Primaria chega cunha nova edición da Radio do Seis, dedicada nesta ocasión a unha das festas máis fermosas e tradicionais da nosa terra: a Festa dos Maios.
Coa
chegada da primavera, a natureza énchese de vida, de cor e de alegría, e os
Maios convértense nun símbolo dese renacer. Esta celebración, de orixe moi
antiga, está ligada ao mundo agrícola e serve para dar a benvida ao bo tempo e
agradecer os froitos que a terra nos ofrece.
A
través desta tradición tamén mantemos vivas os costumes populares, fomentamos a
convivencia e fortalecemos o sentimento de comunidade. Os cantos, as flores e
as creacións cheas de imaxinación fan dos Maios unha festa única e moi
especial.
Agardamos que desfrutedes desta nova entrega!

No hay comentarios:
Publicar un comentario