10 may 2026

OBRADOIRO DE RADIO CON DAMIÁN ALONSO

O xoves 7 de maio o alumnado de 3º de Primaria recibiu a visita de Damián Alonso, actor de dobraxe e formador da asociación Ponte...nas Ondas!, que impartiu un Obradoiro de Radio cheo de aprendizaxe e diversión.

Primeiramente, Damián explicou as técnicas básicas de locución: ton, ritmo e como modular a voz para transmitir emocións e manter a atención da audiencia. O alumnado practicou diferentes exercicios para mellorar a súa expresión oral e a súa confianza dentro do micrófono. 

A continuación, chegou o momento de crear o guión e a escaleta do programa que ían gravar. Cada grupo achegou ideas, redactou textos e organizou as intervencións, poñendo en práctica o traballo en equipo e a creatividade.

Pero tamén se converteron en técnicos de sons. Aprenderon a manexar a mesa de mesturas, controlar os micrófonos, axustar o volume e empregar o programa Audacity para gravar e editar o seu propio podcast. 

Unha mañá diferente, chea de descubrimentos, aprendizaxe e moita ilusión arredor do mundo da comunicación. Grazas, Damián, por compartir connosco a túa paixón pola radio e inspirarnos tanto!

No hay comentarios:

Publicar un comentario