Se a terceira etapa queres superar unha Receita terás que elaborar!
Investiga as receitas típicas das zonas polas que pasa o teu camiño.
Envia as fotos do proceso ou a receita ao enderezo bibliotecaseisdonadal@gmail.com
Se a terceira etapa queres superar unha Receita terás que elaborar!
Investiga as receitas típicas das zonas polas que pasa o teu camiño.
Envia as fotos do proceso ou a receita ao enderezo bibliotecaseisdonadal@gmail.com
Hoxe iniciaron o seu camiño as Mochilas Viaxeiras.
Son un vínculo entre
a familia e a biblioteca, proporcionando a oportunidade de facer lecturas compartidas e
conversas sobre os libros
ademais de reforzar o labor común na formación de lectores e lectoras máis
novos.
Van acompañados dunha Carta na que se explica o seu funcionamento e o listado do material e un Caderno Viaxeiro, espazo en branco para que aportedes as vosas impresións, suxerencias, debuxos e comentarios que vos xurdan ao redor dos documentos que vos emprestamos.
Boas Lecturas e Bo Camiño!!!!!!!!!!!
Xa iniciamos as actividades de procura documental, os retos, vinculados ao proxecto anual. Iremos investigando e superando as distintas etapas para chegar a nosa meta e recibir unha sorpresa.
Unha nova aventura imos comenzar!!!
Se
a Santiago queres chegar
un longo camiño terás que percorrer.
Un
reto mensual terás que resolver
e
o pasaporte completar,
se a Compostela queres acadar!!!
Co lema "A
cultura que toca", Culturgal, a feira da actividade cultural de Galicia, celébrase do 26 ao 28 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Recupera o contacto, o encontro, a conversa
presencial e o directo na cultura.
O programa conta con máis de 100 actividades:
música, libros, contacontos, ciencia, teatro, obradoiros,…
Ligazón ao programa
https://www.culturgal.com/static/themed/culturgal/docs/2021-programa-infantil.pdf
Hoxe, 25 de Novembro, Día
Internacional da Eliminación da violencia contra a Muller, amosamos
o noso rexeitamento ante a permanente violencia que se exerce sobre as mulleres
e nenas en todo o mundo e tamén reivindicamos a necesidade de educar en
igualdade e no respecto aos demais.
Exposición “Camiños de Igualdade” para ler, aprender e reflexionar sobre
o tema que estiveron a disposición do profesorado para traballar nas aulas.
Pintamos as flechas co lema ”Camiñando
coa muller no Seis”.
Cos nosos petos violetas saímos ao patio formando un camiño e cantamos a canción “Son muller” de MBCP (Máis Boas cas Patacas) co retrouso en lingua de signos.
No Portal da Lingua Galega podedes acceder a unha Miniserie audiovisual de divulgación científica en galego dirixida á infancia, con 8 episodios de 3 minutos de duración cada un.
Neles, Toupiña e outros monicreques descubrirán o
mundo da ciencia a través de curiosidades sobre a astronomía, a física, a
bioloxía, a química ou as matemáticas.
A iniciativa realizada por A Xanela do Maxín e ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22, conta coa colaboración de persoeiros do ámbito científico de Galicia, como Ángel Carracedo, Minia Manteiga, Elena Vázquez, Xurxo Mariño ou Jorge Mira, entre outros.
Vídeo resumo das dúas xornadas de inauguración da nova Biblioteca e visita doutros espazos do centro.
“E temos a sorte de que esta viaxe (a científica) se poida facer dende as bibliotecas, que non só acollen libros e outros materiais, senón que tamén acollen descubrimentos e camiños de aprendizaxe, cos éxitos e tamén os fracasos da ciencia e da tecnoloxía, porque cometer erros tamén é aprender”.
Amparo Alonso Betanzos
Desde
a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en colaboración coa
Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando a celebración anual
do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.
Iníciase
esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, de Amparo Alonso Betanzos, profesora, enxeñeira química e investigadora en
intelixencia artificial.
“…a ciencia é o piar do benestar social e económico, o coñecemento xera persoas e sociedades máis libres e críticas e as bibliotecas son, en parte, as gardas dese coñecemento. Que máis necesitamos para gozalas?"
Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais, relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogs de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc.
FOLLETO INFORMATIVO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS
MATERIAIS: MES DA CIENCIA EN GALEGO
PINTEREST: CIENCIA EN GALEGO
FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES
E por fin chegou o día!!!
O martes 9, inauguramos a nosa nova Biblioteca ”Atlas dos Soños”.
Xornada
de emocións e sentimentos!!
Contamos
ca presenza de diversas Autoridades, representante da Asesoría de Bibliotecas Escolares, Anpa e como Madriña da inauguración a escritora Ledicia Costas.
O acto estivo presentado polo Voluntariado de 6º de Primaria que foron os encargados e encargadas de dirixir os nosos pasos hacia os diferentes espazos.
A
nova Biblioteca está ubicada na que era a casa do conserxe e nela están os libros de literatura recreativa e de ficción, para actividades de fomento da lectura, contacontos, encontro con escritoras e escritores,... A BiblioLab, ocupa a antiga biblioteca, na que está presente a linguaxe de programación, a robótica, matemáticas, ciencias, libros informativos e de consulta,...
Na biblioteca atoparonse cun espazo cheo de historias agochadas entre as letras, pictogramas e notas musicais que agardan impacientes ser descubertas polos nenos e nenas do cole; e na BiblioLab visitaron un espazo que está esperando ser o escenario de experimentos, investigacións, construccións e creacións dos nosos e nosas futuros makers.
Escoitamos
a canción “A Biblioteca do Seis”. Letra de Isis e música de Gael e Isis,
acompañados da mestra Sara e interpretada polo alumnado de 5ºB co retrouso en lingua de signos.
E o mércores 10, foi un día moi especial, xa que todo o cole puido visitar a biblioteca e escoitar ao escritor e contacontos Anxo Moure co que disfrutamos de historias e bosques de contos.
Viu na súa ciclobiblioteca e agasallounos coas súas verbas e poesía ademáis dun atrapacontos e un libro.
Grazas
a todas e todos!!!
En breve o vídeo das dúas xornadas.