O mes de febreiro estivo cheo de actividades divertidas e educativas na BiblioLab! Exploramos o entroido e a figura de Rosalía de Castro a través do xogo, creación e investigación.
O alumnado mergullouse no espírito do Entroido! Investigamos a figura do "Merdeiro", un personaxe emblemático do Entroido vigués, completando unha ficha de investigación para afondar na súa historia e significado. Despois decoramos a carauta con diferentes materiais.
Ademais, coa axuda do Talebot, descubrimos os personaxes do Entroido tradicional galego.
Tamén houbo tempo para a
diversión con xogos tradicionais como o Dobble, o dominó e o xogo das familias, fomentando a socialización e o traballo en equipo.
Achegámonos á figura de Rosalía de Castro a través do xogo "R de Rosalía", no que xogamos á oca mentres aprendiamos sobre a súa vida e obra. Tamén completamos unha ficha na que reflexionamos sobre o que xa sabiamos da nosa poetisa.




No hay comentarios:
Publicar un comentario