A reunión do Club de Lectura de 5º de Primaria o venres 27 de febreiro foi unha experiencia moi especial. Comezamos compartindo as nosas impresións sobre o libro "Animais fantásticos de aldea". Cada neno/nena tivo a oportunidade de expresar o que máis lle gustou da historia, cales son os personaxes favoritos e que escenas nos chamaron a atención. Foi un momento moi enriquecedor onde aprendimos a valorar diferentes perspectivas e a escoitar con atención.
A continuación, trasladámonos á aula croma para vivir unha aventura creativa. O obxectivo era recrear a portada do libro. Cada participante converteuse nun dos personaxes, imitando as súas posturas e expresións características. Fixemos fotografías para integrar as imaxes na portada orixinal, converténdoos en verdadeiros protagonistas.
O resultado foi fantástico! Ademais de divertirnos moito, conseguimos: sentirnos parte da historia e experimentar a lectura dunha maneira diferente e emocionante.


No hay comentarios:
Publicar un comentario