Os días 13 e 14 de novembro, o alumnado participou nunha experiencia moi enriquecedora coa charla “Ciencia e Circo”, impartida por María e David de Arenaria Coordinación. A través de varias sesións diámicas e interactivas, descubriron a ciencia agochada detrás do mundo do circo.
A través da experimentación práctica, o alumnado explorou os principios científicos que sustentan as habilidades dos artistas circenses. Algunhas das áreas que investigaron inclúen:
-A física do equilibrio: Como os equilibristas desafían a gravidade.
-A enerxía e o trapecio: A forza necesaria e a física do movemento.
-A elasticidade e os saltos: A ciencia detrás das acrobacias.
-A luz e a maxia: Os trucos de maxia e a ciencia da percepción.
Descubriron que conceptos como forza, enerxía, equilibrio e ritmo non son só elementos artísticos, senón tamén principios científicos fundamentais. Detrás de cada malabarista, equilibrista, acróbata ou mago, hai leis da natureza en acción.
Estas dúas xornadas foron unha combinación perfecta de aprendizaxe e diversión. O alumnado non só ampliou os seus coñecementos científicos, senón que tamén experimentou o asombro e a emoción do mundo do circo. A experiencia axudoulles a conectar a teoría coa práctica e a ver a ciencia dunha forma máis accesible e atractiva. Grazas María e David!




No hay comentarios:
Publicar un comentario