O martes 5 de novembro o alumnado de 5º de Primaria participou no obradoiro “Falamos nas ondas”, con Damián Alonso e Pancho Álvarez.
Unha iniciativa de Ponte…nas ondas! para a
difusión do “Modelo Ponte…nas ondas! de boas prácticas co patrimonio cultural
inmaterial” coa colaboración da Deputación de Pontevedra.
Unha xornada na que coñeceron e aprenderon técnicas de dicción, entoación, narración oral así como as seccións dun programa de radio e a importancia da música.
Tamén houbo actuacións musicais: un grupo de nenos e nenas tocaron e cantaron en directo dúas pezas de música tradicional galega.
Grazas a Ponte...nas ondas! por agasallarnos con este fantástico obradoiro para traballar coas voces do patrimonio inmaterial!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario