O mércores 20 de novembro o alumnado de terceiro e cuarto de Primaria participou no obradoiro de "Alfabetización oceánica. Coñecer para conservar", organizado polo Centro de Investigación Mariña e o Campus do Mar da Universidade de Vigo.
A través de diferentes estacións de traballo manipulativo, puideron coñecer as características principais dos nosos océanos, investigar sobre os ecosistemas mariños e os animais que neles habitan, traballar con lupas electrónicas, afondar no coñecemento dos seres mariños grazas a microscopia e tamén recoñecer a importancia de manter as praias limpas (peneirando e clasificando os residuos que podemos atopar nelas).
Pasárono xenial e aprenderon unha chea de cousas. Moitas grazas Yolanda por este obradoiro!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario