2 feb 2024

POLA CANDELORIA

“A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa”, di o refrán para lembrarnos que no mes de febreiro casan os paxariños, emparéllanse para facer os seus niños e comenza o retorno das aves migratorias que preludian o renacer primaveral.

Do 5 ao 9 de febreiro, imos celebrar na biblioteca o amor pola lectura. Convidámosvos a participar nunha actividade moi especial, CITA A CEGAS CUN LIBRO.

Nun recanto da biblioteca poderás atopar libros sorpresa, anónimos, envoltos en papel de periódico e con corazóns de distintas cores, que indican a idade á que están dirixidos.

Que teño que facer?

-Pasa pola biblioteca nos recreos desa semana e colle o libro que queiras. 

-Fíxate na cor dos corazóns e escolle os libros que che corresponden por idade.

-Rexístrao como préstamo.

-Devolveo no seu prazo (15 días).

E... desfruta da súa lectura!!!! 

Animádevos!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario